Doazón de Mercadona ás Hermanitas de los Pobres de Vitoria-Gasteiz.

Mercadona doará acotío produtos ás Hermanitas de los Pobres de Vitoria-Gasteiz

12 de abril de 2017
  • A cadea de supermercados comeza a entregar acotío produtos de primeira necesidade ás Hermanitas de los Pobres de Vitoria-Gasteiz, que atenden 77 anciáns sen recursos.
  • Mercadona doou 166,8 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2016 en Euskadi.

No marco da súa responsabilidade social, Mercadona iniciou unha colaboración estable coas Hermanitas de los Pobres de Vitoria-Gasteiz a través da entrega acotío de produtos básicos. A doazón realízase pola mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que tamén achega Mercadona, e os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que as cociñeiras os preparen. Con esta iniciativa solidaria preténdese axudar na elaboración dos almorzos, xantares e ceas que se lles ofrecen na actualidade aos 77 anciáns tendidos por esta institución situada no número 1 da rúa Juana Jugan de Vitoria-Gasteiz.

Sobre a colaboración, Miryam Oca, xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi, explica que “para Mercadona é un orgullo realizar estes repartos de alimentos a organizacións como as Hermanitas de los Pobres, que levan máis de un século a prestar un servizo desinteresado a prol dos anciáns en Vitoria-Gasteiz”. Pola súa parte, a Madre Superiora, Sor Pilar, agradeceu “a axuda de Mercadona. A doazón cotiá destes alimentos, que nos traen cada mañá, permítenos elaborar menús saudables para os nosos anciáns". 

Doazón de Mercadona ás Hermanitas de los Pobres de Vitoria-Gasteiz.Doazón de Mercadona ás Hermanitas de los Pobres de Vitoria-Gasteiz.

Como parte da súa responsabilidade social corporativa, Mercadona non só realiza esta colaboración senón que asinou un convenio coa Federación de Bancos de Alimentos de Euskadi a través do que, en 2016, doou 8.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Para alén de colaborar diariamente co comedor social Nuestra Señora de los Desamparados, de Vitoria-Gasteiz, que atende acotío unha media de 600 persoas e coas Hermanitas de los Pobres de Bilbao, que atenden 90 anciáns. Todas estas accións fixeron que, en 2016, Mercadona teña doado 166,8 toneladas de produtos de primeira necesidade a entidades sociais vascas.

A nivel estatal, Mercadona colabora con máis de 120 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e entidades benéficas e, en 2016, doou 6.500 toneladas de alimentos, o que equivale a 108.000 carros da compra.

Sobre Mercadona en Euskadi

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Euskadi, onde xa conta con 13 tendas. O seu cadro de persoal está composto por 691 persoas, con emprego estable e de calidade. Desde agosto de 2015 está a construír un bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz cuxa primeira fase, que prevé finalizar en 2017, suporá o investimento de 50 millóns de euros e a creación de máis de 100 postos de traballo. Do mesmo xeito, mantén unha relación comercial con 1.240 pemes desta comunidade. En 2016 realizou compras a fornecedores vascos por valor de 370 millóns de euros e, xunto cos fabricantes interfornecedores, investiu 66,6 millóns de euros en Euskadi. Exemplos dos seus fornecedores agroalimentarios e da súa aposta polo produto local son a compra de máis de 120.000 quilos de patacas de Álava durante a última campaña, máis de 9.000 unidades de bolo de manteiga, máis de 40.000 quilos de kiwi, e máis de 3.900 toneladas de peixe fresco, quer na costa biscaíña quer na guipuscoana.

Sobre as Hermanitas de los Pobres

A Congregación das Hermanitas de los Pobres chegou a Vitoria-Gasteiz en 1878 e en 1979 inaugurou a casa que rexentan actualmente, localizada no barrio de Gazalbide. A residencia acolle 77 anciáns, 13 irmás e conta co apoio de máis de 30 voluntarios. As Hermanitas de los Pobres están ao servizo dos anciáns facilitando o seu desenvolvemento integral mediante múltiples actividades e permitindo a participación de cantas persoas queiran colaborar.