Traballador de Mercadona nun dos bloques loxísticos da compañía

Mercadona contrata 9.000 persoas para a campaña do verán de 2018

08 de maio de 2018
  • Este ano Mercadona contrata 2.000 persoas máis que na campaña do verán de 2017, cando contratou 7.000 persoas.
  • A compañía amplía o seu cadro de persoal de maio a setembro para responder á chegada de turistas e manter a excelencia no servizo.
  • O salario destes novos empregados de Mercadona, tanto na tenda como en loxística, é de 1.132 euros ao mes/netos e reciben formación adaptada ao seu posto.

Mercadona, empresa familiar de supermercados de capital 100% español, contrata 9.000 persoas para a campaña do verán de 2018, que se inicia no mes de maio e finaliza en setembro. A compañía amplía o seu cadro de persoal para garantir a excelencia no servizo durante estes meses, época que coincide coa chegada de turistas e coas vacacións do resto do cadro de persoal.

Todos estes novos traballadores reciben un salario neto de 1.132 euros/mes e formación adaptada ao posto de traballo. Ademais, este ano a compañía reforza a contratación para a campaña do verán respecto ao anterior, cando contratou 7.000 persoas.

O Director de Contratación de Recursos Humanos, José Elías Portalés, destacou que o obxectivo de reforzar o cadro de persoal actual de 84.000 traballadores, “é ofrecerlle aos nosos “xefes” (clientes) o mesmo servizo excelente que reciben o resto do ano cando compran a diario nas máis de 1.600 tendas que temos repartidas por toda España”.

Traballadora embarazada de Mercadona nun supermercado de AsturiasTraballadora do supermercado de Viesques en Xixón, Asturias.

Recoñecemento á política de Recursos Humanos de Mercadona

Mercadona, caracterizada por ofrecer emprego de calidade, foi destacada un ano máis no Estudo Merco Talento 2017 ao repetir no primeiro lugar da clasificación do seu sector, e escalar tres postos na clasificación xeral, situándose no sexto lugar. Ademais, Harvard Business Review destaca a xestión interna do talento, e a Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente das Nacións Unidas, valora o esforzo en formación, conciliación e repartición de beneficios que realiza a compañía; entre outras medidas. Exemplo destas políticas en 2017, son as 2.402 traballadoras que optaron por ser nai e alongar 30 días a súa baixa maternal, ou ben os 313 millóns procedentes do beneficio da compañía, que se repartiron entre o cadro de persoal en concepto de prima.

 

Imaxe de cabeceira: Traballador nun bloque loxístico de Mercadona.