Se buscas ideas para regalar ven á nosa Perfumería e descubre os lotes de produtos que temos preparados para ti.

Regala lotes de perfumería este Nadal

05 de decembro de 2019

Buscas ideas orixinais para facer un bo regalo? Visita a nosa Perfumería e seguro que encontras as mellores suxestións para sorprender os teus seres queridos.

Propoñémosche tres novos lotes de perfumería para regalar cos que o éxito está asegurado. Fragrancias e produtos de beleza con aire de Nadal.

Lotes de Perfumería para regalo

Elixe entre estes tres lotes de perfumería para regalar:

  • Lote mans Mousse
  • Lote Caramelo
  • Lote Beauty Magic Box

Lote mans Mousse

Este lote componse de:

  • Limpador das mans Mousse de 60 ml. Coida, limpa e perfuma as mans.
  • Modo de emprego: axitar e aplicar unha pequena cantidade, non necesita aclarado.
  • Hidratante das mans Mousse de 60 ml. Hidrata e suaviza.
  • Modo de emprego: axitar e aplicar.
  • Nota olfactiva: os produtos deste lote olen a Nadal, con notas de laranxa, xenxibre, canela, vainilla e doces típicos destes días como o pannetone.

Texto 1 Imagen Lotes Regalar

Lote Caramelo

Este lote consta dos seguintes produtos:

  • Un envase de Eau de Toilette de 20 ml.
  • Un tarro de vaselina perfumada. Hidrata e protexe.
  • Nota olfactiva: floral afoitada gourmand.

Texto 2 Imagen Lotes Regalar

Lote Beauty Magic Box

Este lote de beleza ten os seguintes produtos e divídese en 7 caixas.

Compoñentes

  • Un contorno de ollos de 3 ml.
  • Un potenciador facial de 5 ml.
  • Un aceite corporal de 75 ml.
  • Unha escuma de baño de 100 ml.
  • Un sérum das mans de 15 ml.
  • Un exfoliante para labios de 8 g.
  • Un xel limpador sen aclarado de 50 ml.
  • Una fragrancia de 20 ml.
  • Nota olfactiva: afroitada floral almiscrada.

Caixas

Os produtos deste lote distribúense en caixas da seguinte maneira:

  • Caixa 1: un potenciador facial (5 ml) + un contorno de ollos (3 ml)
  • Caixa 2: un aceite corporal nutritivo perfumado (75 ml)
  • Caixa 3: unha escuma de baño (100 ml)
  • Caixa 4: un sérum das mans (15 ml)
  • Caixa 5: un exfoliante de labios (8 g)
  • Caixa 6: un xel limpador das mans sen aclarado (50 ml)
  • Caixa 7: unha fragrancia (20 ml). A fragrancia que se inclúe nesta caixa é oriental-floral. As súas notas de saída cítricas, verdes e afroitadas dan paso a un corpo floral con toques especiados e un fondo amadeirado.
  • Tamén están perfumados con esta fragrancia o xel limpador das mans, a escuma de baño e o aceite corporal.

Que beneficios teñen os produtos do lote Beauty Magic Box?

  • Potenciador facial: reafirma a pel ao instante, hidrata e axuda a fixar a maquillaxe.
  • Contorno de ollos: atenúa bolsas e olleiras, hidrata e mellora a elasticidade da zona.
  • Aceite corporal nutritivo perfumado: nutre e perfuma a pel.
  • Escuma de baño: limpa suavemente a pel cun agradable perfume.
  • Sérum das mans: coida e hidrata as mans.
  • Exfoliante de labios: antioxidante, exfolia, hidrata e achega elasticidade.
  • Xel limpador das mans sen aclarado: limpa sen necesidade de auga, cun agradable perfume.

Texto 3 Imagen Lotes Regalar

Outras recomendacións

Descubre o perfume intenso e duradeiro dos nosos Xabóns líquidos das mans Deliplus.