Poñemos á túa disposición e á de toda a túa familia máscaras infantís, que lles permiten aos nenos e nenas complementar os xestos de barreira e as regras de distanciamento social.
Características das nosas máscaras infantís
Estas máscaras hixiénicas están dirixidas a nenos nun rango de idade de 6 a 9 anos, xa que contan cunhas medidas específicas para este público infantil. Tamén poden utilizalas persoas que teñan o óvalo facial máis pequeno e ás que as máscaras para adultos lles queden excesivamente grandes.
Polo demais, as nosas máscaras infantís presentan as seguintes características:
- Non reutilizables
- Teñen 4 horas de durabilidade
- Fabricadas con polipropileno tecido nas súas capas externas e material filtrante na capa interior (polipropileno soprado)
- Capa externa: verde
- Deseñada con 3 capas
- Vida útil: 2 anos
- Cumpren coa normativa Especificación UNE 0064-2:2020
- Véndense en paquetes de 10 unidades
Recomendacións de uso
- Antes de colocar ou retirar a máscara, lava previamente as mans con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.
- Coloca a máscara e axusta a pinza no nariz cubrindo o queixo e sen tocala.
- No uses a máscara máis de 4 horas.
- No a toques coas mans durante o seu uso.
- Substitúea por outra en caso de que se humedeza ou deteriore.
- Para retirala, hai que facelo sempre sen tocar a parte frontal e desbotala nun contedor provisto dunha bolsa de plástico.
- Todas estas accións deben ser supervisadas por un adulto.
Outras recomendacións
Utiliza as máscaras hixiénicas non reutilizables Deliplus para adultos.