AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Recambios para o aspirador nasal anatómico de Mercadona

Recambios aspirador nasal anatómico

29 de novembro de 2017

Xa tes en Mercadona os recambios para o aspirador nasal anatómico, a solución ideal para cando o teu bebé está conxestionado por procesos alérxicos ou arrefriados.

Unha axuda para o teu bebé

Os recambios para o aspirador nasal son unhas embocaduras descartables que se empregan co aspirador nasal anatómico de Mercadona. Grazas á axuda destes accesorios, podemos eliminar as secrecións das cavidades nasais do bebé e permitirlle descansar de xeito tranquilo e sen molestias ao respirar.

Estes recambios para o aspirador nasal de Mercadona encontraralos en envases de 10 unidades individuais, de forma que os poidas ter sempre a man, cando queiras, para o coidado e descanso que precisa o teu bebé.

Os recambios para o aspirador nasal anatómico están fabricados pola empresa Hippos Baby Care SL, con sede en Alacante (Comunidade Valenciana).

Como utilizar os recambios do aspirador nasal de Mercadona

Utilizar os recambios é moi doado. Cómpre colocar o filtro do aspirador nasal no interior da embocadura anatómica, no extremo do corpo ríxido que ten o aspirador nasal.

Con coidado, introduces a embocadura anatómica nun dos orificios nasais do bebé e, polo outro lado, colocamos na nosa boca o funil polo que se realiza a aspiración bucal.

Para o utilizarmos, aspiramos de xeito suave e con regularidade. Grazas ao filtro absorbente que hai no interior, retéñense as secrecións e impide que cheguen ao funil, desta maneira evítase calquera posibilidade de inxestión.

Unha vez teñamos rematado de limpar un orificio, podemos repetir a acción no outro orificio nasal do bebé.

Cando teñamos aliviado a sensación de conxestión da crianza, cómpre retirarmos o recambio. Son recambios descartables, que podemos tirar unha vez utilizados.

Para obter mellores resultados, pódeselle realizar un lavado nasal previo ao bebé. Podes empregar soro fisiolóxico ou auga mariña, coa que incrementamos a fluidez da mucosidade e, desta forma, despois é máis sinxela a súa eliminación.

Os recambios para o aspirador nasal de Mercadona, son a solución perfecta para eliminar a conxestión das nosas crianzas e pódense empregar a partir dos 0 meses. É unha boa axuda para que os nosos bebés descansen cómodos e tranquilos.

Outras recomendacións

Para a hixiene completa dos máis cativos, aproveita as Toalliñas para bebés frescas e perfumadas Deliplus, ideais para mans e rostro, así como para despois de usar o cueiro.

Ademais, quer para os bebés quer para as crianzas, a Auga Perfumada Hippos é unha excelente opción para perfumar os cativos da casa cun aroma de notas florais.