Á venda máscaras hixiénicas non reutilizables.

Máscaras hixiénicas Deliplus

22 de maio de 2020

Sabes que xa podes comprar as nosas máscaras hixiénicas non reutilizables Deliplus? Xa coñeces a importancia que teñen para evitar a propagación do virus na situación de pandemia que vivimos na actualidade. Por iso, a partir de agora, ofrecémosche este útil produto para coidar a túa saúde e a dos que te rodean.

Características das máscaras hixiénicas Deliplus

  • Importante: non son reutilizables, deben desbotarse despois do seu uso. En ningún caso poden limparse e volver utilizalas.
  • Protexen boca, nariz e queixo.
  • Levan un arnés que se suxeita ás orellas.
  • Para uso en adultos e persoas sas (non confundir coas máscaras cirúrxicas indicadas para persoas enfermas).
  • Véndense en paquetes de 10 unidades.
  • Conforme as especificacións técnicas UNE 0064-1:2020.

Instrucións de uso

imagen infografía mascarilla gallego.

  • Antes de colocar ou retirar a máscara, lava previamente as mans con auga e xabón ou con solución hidroalcohólica durante 40-60 segundos.
  • Toca só as gomas da máscara.
  • Pasa as bandas elásticas por detrás das orellas.
  • Coloca a máscara, axusta a pinza no nariz e cubre o queixo. Asegúrate de que no quedan grandes espazos entre a túa cara e a máscara.
  • No uses a máscara máis de 4 horas nin a toques coas mans durante o seu uso. Se o fas, lava as mans antes e despois.
  • Substitúea por outra en caso de que se humedeza ou deteriore.
  • Antes de quitar a máscara, lava as mans.
  • Retíraa sen tocar a parte frontal e desbótaa tras o seu uso nun contedor provisto de bolsa de plástico, e lava as mans.
  • Durante ou despois do seu uso non debes colocala sobre a fronte nin no queixo.

Outras recomendacións

Os nosos xabóns das mans, cunha nova fórmula máis respectuosa e suave coa pel, son perfectos para a hixiene das túas mans e para a túa saúde.