Se aínda non sabes que regalar este Nadal, os nosos Lotes de Perfumería son unha excelente opción. Orixinais, prácticos e moi variados, para todos os gustos. Seguro que acertas! Para os pequenos, para as persoas que se coidan, lotes para el e para ela…
Lotes de perfumería, os mellores regalos para dar o mellor
Para os pequenos
- Fortnite: Eau de toilette 100 ml, neceser e vinilo adhesivo decorativo.
- Unicorn Power Beauty Set Color Up!: Lima, set adhesivos para decorar as uñas, 10 uñas postizas (adhesivas), 4 esmaltes de uñas, paleta de sombras con 6 cores e o seu aplicador, separador de dedos e bálsamo labial.
- Among us: Eau de toilette 100 ml e sobre sorpresa que inclúe chaveiro coleccionable.
Para coidarse
- Vitamin Energy. 14 ampolas de 2 ml cada unha. Tratamento de 14 días cun poderoso cóctel de vitaminas que lle darán á túa pel un impulso de vitalidade e enerxía. 7 vitaminas clave que combaten signos de envellecemento, melloran a hidratación e textura da pel e protéxena dos danos producidos polos agresores externos.
- Lote Precision 6. Máquina de 6 follas con soporte transportable e 9 recambios. Precision System 6 é unha completa solución de afeitado especialmente dirixida a persoas que requiren afeitados diarios, ideal para peles sensibles e barbas cerradas. Encontra toda a información destas coitelas aquí.
Para el
- Como tú fuerza: Eau de toilette, eau de toilette mini e estoxo.
- ÉL: Eau de parfum 100 ml, perfumador 20 ml e xel-xampú 100 ml
- Extratime: Eau de parfum 50 ml, xel de baño 100 ml e xampú 100 ml.
Para ela
- Soplo Intense: Eau de toilette de 100 ml, loción corporal de 100 ml e neceser con asas multiposición.
- Elección: Eau de parfum de 100 ml, Eau de parfum 20 ml, tubo crema das mans 30 ml e mais un xoieiro con caixóns
- Rose Nude: Eau de parfum de 100 ml, loción corporal, crema das mans de 30 ml e xoieiro con espello.
Outras recomendacións
Mantén a túa pel suave, tersa e libre de impurezas co noso Peeling encimático.