Queres ser a estrela dos festivais deste verán? Coa colección Shine Fest poñémoscho máis fácil. Prepárate para estar radiante e ser o centro de todas as miradas. Esta colección é un auténtico descubrimento en cosmética que vén repleto de brillo e escintileos.
É o momento de impresionar, bailar e brillar baixo os ceos do verán coa nosa incrible colección de maquillaxe festivaleira! Non a perdas.
Que produtos compoñen a Colección Shine Fest?
Barra de labios Gloss
Brillo, brillo e máis brillo! A cor destas barras de labios é fascinante, pero non se trata só de cor, trátase de brillo!
Experimenta o escintileo espectacular dos nosos Gloss, deseñados cunha fórmula de textura suave que se despraza delicadamente sobre os teus labios. O seu acabado resplandecente e zumarento captura a luz dende todos os ángulos. Recordas eses labios brillantes que parecían iluminar un cuarto enteiro? Faite coa nosa colección e consigue o mesmo efecto!
- 01 Halo: un ton neutro e versátil que brilla cunha elegancia atemporal, como un diamante. Con esta barra de labios podes complementar calquera look, dende o máis casual ata o máis refinado.
- 02 Sunset: con este ton rosa eléctrico mergúllaste na calidez do crepúsculo. Un toque vibrante, divertido e xuvenil para os teus labios, perfecto para iluminar os teus días.
- 03 Astral: co seu toque enigmático e orixinal, este morado profundo evoca unha viaxe estelar. Pura audacia púrpura!
Cada lipgloss desta colección foi formulado coidadosamente para ofrecerche un brillo intenso e duradeiro, asegurándoche uns labios radiantes en todo momento. Se o combinas coa paleta de Glitter, o efecto é sensacional, próbao!
Paleta de Glitter
A nosa paleta de Glitter Shiny desata a maxia do brillo. A súa fórmula ofrece un resultado impecable para a noite festivaleira. Dende o prateado ata o lila, presenta 4 arrebatadores tons ideais para crear os looks máis impactantes. Podes aplicalos nas meixelas, nos ollos, nos labios... Atrévete a brillar con estes tons exclusivos Deliplus Color e dálle un toque máxico á túa maquillaxe estival!
Perfiladores de ollos en varios tons
Estes perfiladores de ollos destacarán a túa mirada cun brillo único e unha profunda intensidade. Especialmente deseñados para un look encantador que nunca pasará desapercibido. Dispoñibles nunha gama de 5 tons que engaden glamour e sofisticación aos teus ollos.
- Azul.
- Verde.
- Morado.
- Dourado.
- Negro
Máscara de pestanas de cor vibrante Water Resistant
Non imaxinas as cores vibrantes das nosas máscaras de pestanas! Mergúllate na emocionante enerxía do verán con estas catro opcións resistentes á auga, que te transportan a un mundo cheo de alegría e estilo. Dálle un extra de diversión e frescura ao teu look estival! Dispoñible en catro tons:
- N.º 01 – Azul.
- N.º 02 – Verde.
- N.º 03 – Rosa.
- N.º 04 – Lila.
Consellos de uso
- Recomendamos empregar un desmaquillador bifásico
- Aplica dende a raíz ata as puntas con movementos en zigzag para lograr o mellor resultado.
Outras recomendacións
Coñeces os nosos Kits de pinceis de maquillaxe? Son os teus mellores aliados para maquillarte cun resultado profesional.
Completa o teu look coas nosas Lacas de uñas.
Descubre os mellores tratamentos para exfoliar, refrescar e hidratar os teus pés.