Descubre tres complementos alimenticios para mellorar o benestar da túa saúde ósea, muscular e articular.

Complementos alimenticios para unha vida activa e saudable

13 de maio de 2024

Coñeces os nosos Complementos alimenticios para o teu benestar óseo e muscular? O movemento e a actividade física son piares dun estilo de vida saudable. Por iso, o coidado dos nosos ósos, músculos e articulacións resulta esencial. Estas estruturas non só nos proporcionan soporte e mobilidade, senón que tamén nos permiten levar a cabo as nosas actividades diarias de forma eficaz e cómoda.

Manter a saúde dos nosos ósos, músculos e articulacións non só implica previr lesións, senón tamén promover a súa fortaleza e flexibilidade ao longo do tempo. A continuación, suxerímosche algúns complementos alimenticios efectivos para coidar a túa saúde ósea e muscular. Recorda que sempre deben acompañarse dun estilo de vida saudable e dunha dieta equilibrada. Queres coñecelos?

Colagen

Complementos alimenticios para una vida activa y saludable.

Complemento alimenticio soluble con sabor a limón, a base de coláxeno, magnesio, vitamina C e ácido hialurónico con edulcorante.

Compoñentes e propiedades

  • Coláxeno: é unha proteína clave que se encontra nos ósos, nas cartilaxes e nos tecidos conectivos do corpo. Axuda a fortalecer as articulacións, os ósos e os músculos, favorecendo a súa saúde e resistencia.
  • Magnesio: este mineral esencial contribúe á síntese de proteínas, que mellora a produción de coláxeno do organismo e favorece uns ósos sans e fortes, así como o bo funcionamento muscular.
  • Vitamina C: é un nutriente básico para a formación de coláxeno no organismo e o bo funcionamento de ósos e cartilaxes.
  • Ácido hialurónico: este composto esencial encóntrase nos tecidos conectivos do corpo. Axuda a manter a flexibilidade e mobilidade das articulacións, velando pola súa saúde.

Modo de uso

Recoméndase tomar 1 caciño completo ao día (12 g, aproximadamente), disolto en 150 ml de auga. Mestura ata a súa total disolución. Non superes a dose diaria. Toma durante 6 meses para notar os seus efectos. Débese consumir a partir dos 18 anos.

Cando é mellor tomalo? Recoméndase consumilo entre comidas, aproximadamente unha ou dúas horas antes ou despois destas. Isto permite que, ao hidrolizar, os péptidos e aminoácidos resultantes se absorban de forma máis efectiva, aumentando así a probabilidade de satisfacer posibles necesidades articulares. Se se toma preto das comidas, o organismo pode interpretalo como outra fonte proteica da comida, que pode limitar a súa efectividade e os seus beneficios.

Os complementos alimenticios no deben ser utilizados como substitutos dunha dieta variada e dun estilo de vida saudable.

Articular Forte

Complementos alimenticios para una vida activa y saludable.

Complemento alimenticio elaborado a base de especies vexetais, ácido hialurónico e vitaminas. Indicado para o confort dos nosos ósos e articulacións.

Compoñentes e propiedades

  • Boswelia (incenso): ingrediente que nos axuda a manter o funcionamento normal de músculos, ósos e articulacións, contribuíndo ao confort articular.
  • Vitamina C: contribúe á formación normal de coláxeno para o funcionamento normal dos ósos e das cartilaxes
  • Vitamina D3: a vitamina D3 desempeña un papel crucial na saúde ósea ao facilitar a absorción de calcio no corpo. O calcio é un compoñente esencial para a formación e fortaleza dos ósos.
  • Ademais, achega plantas como a ortiga e o bambú, e tamén ácido hialurónico, que completan os beneficios do produto.

Modo de uso

1 cápsula ao día despois do almorzo. Apto para veganos. Débese consumir a partir dos 12 anos.

Magnesio + vitamina B1.B6.B12

Complementos alimenticios para una vida activa y saludable.

Complemento alimenticio sabor laranxa con edulcorante. Tanto o magnesio como a vitamina B6 e B12 axudan a diminuír o cansazo e a fatiga.

Compoñentes e propiedades

  • Magnesio: é un nutriente que o corpo necesita para manterse san, importante para moitos procesos que realiza o teu organismo.
  • Vitamina B1.B6.B12: estas vitaminas do complexo B son fundamentais para manter un metabolismo enerxético saudable e favorecen o funcionamento do sistema nervioso.

Modo de uso

Disolve un comprimido efervescente nun vaso de auga con 200 ml, 1 ao día. Tómao 2/3 meses e descansa 15 días. Débese consumir a partir dos 12 anos. Apto para vexetarianos.

Outras recomendacións

Coida a túa alimentación co noso Bífidus, beneficiosos para a túa saúde intestinal.

Coñeces a nosa liña +Proteínas? Son perfectos para calquera ocasión e contribúen á túa dieta sa e equilibrada: iogures líquidos e sólidos, leite e batidos, sobremesas, etc.

Hidrata a túa pel cos nosos nutritivos Aceites corporais: de améndoas, de romeu, de rosa mosqueta, etc.