Presentámosche Anti Frizz, tratamento capilar antiencrespamento, apto para todo tipo de cabelo.

Dille adeus ao encrespamento con noso tratamento capilar Anti Frizz

30 de maio de 2024

Non hai forma de peitearte? Non desesperes, con Anti Frizz volverás reconciliarte co teu pelo. Este é un tratamento capilar antiencrespamento de máxima eficacia, que lle achega ao teu cabelo brillo instantáneo e que o protexe da calor.

Esquécete do cabelo rebelde dunha vez por todas! Anti Frizz está deseñado para deixar o teu pelo suave, sedoso e manexable, cun aspecto radiante en todo momento. Dispoñible nun práctico spray de 200 ml, é a solución perfecta para ter o teu pelo sempre baixo control. Próbao!

Cales son os beneficios de utilizar Anti Frizz??

  • Combate o encrespamento incluso en ambientes de máxima humidade.
  • Protexe o cabelo da acción da calor da prancha e do secador. Incorpora protección térmica hasta 230 ºC.
  • Achega un acabado sedoso no teu pelo, proporciona suavidade e brillo inmediatamente.
  • Efecto de longa duración.
  • Apto para todo tipo de cabelos.
  • Compatible con tratamentos de alisado.

Modo de uso

Recomendámosche dividir o cabelo húmido en seccións e aplicar xenerosamente o produto dende a raíz ata ás puntas. Seca o pelo con calor para activar o produto, dándolle a forma desexada. Logo, peitea ao teu gusto.

Outras recomendacións

Coa nosa liña capilar Hydra Hyaluronic terás o cabelo hidratado, sedoso e cheo de vida.

Consigue unha cor máis intensa e brillante para o teu pelo coa Máscara Color Mask.

Hidrata e revitaliza a túa pel coas nosas Cremas corporais.