Probaches a Máscara ColorCor Reviva? O verán é a época na que o noso cabelo sofre máis. Os efectos do sol, a auga do mar e a piscina, a contaminación e incluso o estrés poden facer que o teu pelo estea máis apagado.
Queres reavivar o teu pelo ao instante? Conseguirás unha cor máis intensa e brillante en tan só tres minutos con esta máscara.
Características da Máscara ColorCor reviva
- Máscara de cor exprés que ilumina e revitaliza a cor do teu pelo.
- Especialmente indicada para aquelas persoas que queiran reavivar a cor do seu cabelo e achegarlle suavidade, nutrición e brillo.
- Devolve a luminosidade ao cabelo grazas á súa fórmula enriquecida con aceite de chía.
- A súa finalidade non é cambiar a cor do cabelo nin cubrir canas, senón reavivar a tonalidade e recuperar o brillo do teu pelo.
- Á hora de elixir a máscara máis adecuada para o teu pelo, é importante optar pola que máis se achegue ao teu ton, ben sexa natural ou tinguida.
- Encontra o teu ton ideal: louro mel, negro, cobre, chocolate, vermello ou violín.
- A súa composición é apta para veganos e, ademais, non conten amoníaco, o que diminúe as posibilidades de irritación da fibra capilar.
Modo de aplicación en catro pasos
1. Lava e escorre o cabelo cunha toalla antes de usar a Máscara ColorCor Reviva. Desenreda o cabelo.
2. Reparte o produto uniformemente, da raíz ás puntas, ata que o cabelo quede ben impregnado. Evita o coiro cabeludo.
3. Deixa actuar de 3 a 5 minutos, en función da intensidade desexada.
4. Aclara con abundante auga. Seca o cabelo e a lucir cor!
Lembra que a cor desaparece gradualmente cos lavados. Pode durar máis ou menos tempo dependendo da porosidade do cabelo.
Pode manchar pezas de roupa e superficies. Recoméndase utilizar unha toalla sobre os ombreiros, e guantes. (contén un par no interior do folleto).
Outras recomendacións
Coñeces as nosas Cremas e protectores solares para coidar a túa pel?
Despídete dos pelos coa nosa Liña de produtos de depilación.