Non hai forma de peitearte? Non desesperes, con Anti Frizz volverás reconciliarte co teu pelo. Este é un tratamento capilar antiencrespamento de máxima eficacia, que lle achega ao teu cabelo brillo instantáneo e que o protexe da calor.
Esquécete do cabelo rebelde dunha vez por todas! Anti Frizz está deseñado para deixar o teu pelo suave, sedoso e manexable, cun aspecto radiante en todo momento. Dispoñible nun práctico spray de 200 ml, é a solución perfecta para ter o teu pelo sempre baixo control. Próbao!
Cales son os beneficios de utilizar Anti Frizz??
- Combate o encrespamento incluso en ambientes de máxima humidade.
- Protexe o cabelo da acción da calor da prancha e do secador. Incorpora protección térmica hasta 230 ºC.
- Achega un acabado sedoso no teu pelo, proporciona suavidade e brillo inmediatamente.
- Efecto de longa duración.
- Apto para todo tipo de cabelos.
- Compatible con tratamentos de alisado.
Modo de uso
Recomendámosche dividir o cabelo húmido en seccións e aplicar xenerosamente o produto dende a raíz ata ás puntas. Seca o pelo con calor para activar o produto, dándolle a forma desexada. Logo, peitea ao teu gusto.
Outras recomendacións
Coa nosa liña capilar Hydra Hyaluronic terás o cabelo hidratado, sedoso e cheo de vida.
Consigue unha cor máis intensa e brillante para o teu pelo coa Máscara Color Mask.
Hidrata e revitaliza a túa pel coas nosas Cremas corporais.