Descubre as melloras de calidade nos nosos cueiros infantís e toda a nosa selección.

Descubre os nosos cueiros infantís

26 de xullo de 2023

Dende Mercadona, traballamos constantemente en mellorar os nosos cueiros, asegurando a vosa tranquilidade e a dos máis pequenos.

Cueiros talles 1 e 2

Pañales tallas 1 y 2 de Mercadona

Melloramos a calidade dos nosos cueiros incluíndo un novo peto traseiro antifugas, que evita fugas de líquidos polas costas. Cando son tan pequenos, os bebés pasan todo o día tombados e os escapes de pis e cacas son moi comúns. Pero esta nova mellora de calidade crea unha barreira na parte traseira do cueiro, evitando que as caquiñas líquidas escapen. Así, podes dicir adeus a esas molestas fugas e manter o teu bebé sempre seco e tranquilo.

Así mesmo, incorporamos unha eficaz protección dianteira extra para o embigo, unha zona especialmente delicada no caso dos bebés acabados de nacer. Desta forma, aseguramos que estea perfectamente protexida e sen irritacións.

Cueiros talles 3, 4, 5 e 6

Pañales tallas 3, 4, 5 y 6 de Mercadona

Melloramos o sistema de canles que distribúen uniformemente o pis por todo o cueiro, evitando que se acumulen no centro. Desta forma conseguimos que o teu bebé estea cómodo e seco en todo momento.

Outras características dos nosos cueiros dende o talle 1 ao 6

  • Confeccionados con materiais ultrasuaves e transpirables, para coidar ao máximo a delicada pel do teu bebé.
  • Sistema de axuste elástico de cintura e peches solapables, para axustarse ao corpo de cada bebé.
  • Inclúen deseño Disney.

No caso dos cueiros do talle 1, 2 e 3 levan incorporado un indicador de humidade (amarelo se o cueiro está seco e verde azulado se está húmido), indicando que é momento de cambiar o cueiro.

Cal é o talle ideal para o meu bebé?

Para poder saber cal é o talle do teu bebé, na parte frontal dos paquetes de cueiros indicamos un intervalo de kg en función do seu peso.

  • Talle 1: indicado para bebés entre 2 e 4 kg. Cada bolsa contén 30 cueiros.
  • Talle 2: indicado para bebés entre 3 e 6 kg. Cada bolsa contén 50 cueiros.
  • Talle 3: indicado para bebés entre 4 e 10 kg. Cada bolsa simple contén 36 cueiros. Encontramos 3 bolsas de 36 cueiros = 108 cueiros en total.
  • Talle 4: indicada para bebés entre 9 e 15 kg. Cada bolsa simple contén 34 cueiros. Encontramos 3 bolsas de 34 cueiros = 102 cueiros en total.
  • Talle 5: indicado para bebés entre 13 e 18 kg. Cada bolsa simple contén 30 cueiros. Encontramos 3 bolsas de 30 cueiros = 90 cueiros en total.
  • Talle 6: cueiros abertos de talle 6, para bebés entre 17 e 28 kg. Cada bolsa contén 22 cueiros.

Outros cueiros infantís dispoñibles en Mercadona

Cueiros Pants

Pañales Pants de Mercadona

Estes cueiros, a diferenza dos anteriores, non teñen peche e póñense como se dunha roupa interior se tratase, facilitando a autonomía dos máis pequenos no momento de querer quitarlles o cueiro.

Características

  • Cintura elástica que garante un axuste óptimo.
  • Canles que distribúen o pis de maneira uniforme.
  • Barreiras laterais antifugas.
  • Tecido exterior suave e transpirable.
  • Adhesivo traseiro para desbotar o cueiro.
  • 2 talles:
    • Talle 5 (L): indicados para bebés entre 12 e 18 kg. Cada bolsa contén 24 unidades.
    • Talle 6 (XL): indicado para bebés entre 16 e 28 kg. Cada bolsa contén 22 unidades.

Cueiro Júnior Noite

O compañeiro perfecto para nenos máis maiores que necesitan un cueiro nocturno.

Características

  • Protección durante toda a noite.
  • Confeccionado con tecidos suaves e transpirables
  • Con deseños discretos.

Cambiador desbotable

Cambiador desechable Mercadona

Un cambiador multiúsos hixiénico e cómodo para utilizar tanto na casa como de viaxe. Cada paquete contén 6 unidades.

Outras recomendacións

Coñeces os traxes de baño desbotables Deliplus? Protexen o teu bebé en todo momento para que gocen sen problemas da praia e da piscina.

Consulta os nosos protectores solares específicos para menores.

Probaches o noso deterxente hipoalerxénico con perfume?