Todo a punto para a chegada do bo tempo? Presentámosche dous tratamentos anticelulíticos para coidar a túa pel. Aprende a aplicalos e administralos e saúda con confianza o verán!
Concentrado Meso-Anticelulítico Deliplus
O Concentrado Meso-Anticelulítico Deliplus é un tratamento corporal intensivo moi eficaz contra este trastorno dermatolóxico, composto por activos cunha fórmula innovadora grazas á súa tripla acción: lipolítica, reestruturante e redutora.
A continuación, ensinámosche o seu modo de aplicación.
Principios activos e beneficios do Concentrado Meso-Anticelulítico
Os principios activos que caracterizan este tratamento son os seguintes. Deles derívanse diferentes beneficios:
- Cafeína e carnitina: acción lipolítica e queimagraxas.
- Extracto de folla de alcachofa: efecto drenante e tonificante.
- Silicio orgánico, aceite de soia, ácido hialurónico de baixo peso molecular e centella asiática: efecto reestruturante e remodelante.
- Cóctel de vitaminas antioxidantes (A, C, E, B3), extracto de raíz de cúrcuma Longa e Epigalocatequingalato: acción renovadora e antioxidante.
- Quelante do ferro: actúa como un imán que elimina o ferro acumulado por exceso no tecido graxo, responsable da inflamación propia do trastorno dermatolóxico.
- Ribosa: acelera o metabolismo das células.
Como aplicar o tratamento e con que frecuencia
O Concentrado Meso-Anticelulítico de Deliplus preséntase en 15 viais e pode utilizarse de dúas maneiras, dependendo do teu obxectivo:
- Para un tratamento intensivo ou celulite abundante: aplica a cantidade dun vial diariamente na pel limpa nas zonas que hai que tratar durante 15 días. Estende mediante masaxes circulares ata a súa completa absorción como se indica no vídeo. Realiza a masaxe durante 2 ou 3 minutos.
- Para un tratamento de mantemento ou celulite leve: mestura unhas gotas deste concentrado coa túa crema corporal habitual e dá unha masaxe sobre a zona desexada unha vez ao día.
De forma ocasional, ao aplicar demasiado produto nunha mesma zona, podería verse concentrado nunha cor abrancazada que desaparece ao darlle unha masaxe.
Débese evitar a súa aplicación en peles reactivas, sensibles ou irritadas.
Un tratamento innovador, diferente a outros anticelulíticos
Este programa, pensado para 15 días, diferénciase doutros produtos similares en que reforza o efecto lipolítico, reestruturante e redutor cunha vía de acción completamente innovadora que actúa na pel.
Sticks Pro Celulit
Pro Celulit contribúe a mellorar o aspecto visual da pel con celulite. Este complemento alimenticio contén 15 sticks de 4 g elaborados a base de extractos de plantas e é de edición limitada.
Ingredientes dos Sticks Pro Celulit
- Vide Vermella: antioxidante e antiinflamatoria das paredes venosas. Mellora a circulación sanguínea, mellorando o aspecto da pel.
- Zarzaparrilla: favorece a circulación e ademais é diurética (axuda a eliminar a retención de líquidos).
- Alfarrobeira: nesta fórmula actúa como “adozante natural”.
- Centella asiática: estimula a produción de coláxeno mellorando a elasticidade da pel.
- Limón: Aumenta a resistencia dos capilares, ademais de ser antiinflamatorio.
- Piña: diurética.
- Vitamina C: actúa como antioxidante celular.
Modo de uso
- Toma un stick ao día disolto en 250 ml de auga. Non superes a dose diaria expresamente recomendada.
Os complementos alimenticios non deben ser substitutos dunha dieta variada e equilibrada.
Ambos os dous produtos, o Meso-anticelulítico e os sticks Pro Celulit pódense complementar para axudar a que os efectos se vexan antes e perduren máis tempo.
Outras recomendacións
Mantén a túa pel suave, tersa e libre de impurezas co Peeling encimático.