Dámosche ideas para uns regalos de San Valentín moi especiais.

Celebra San Valentín coas nosas suxestións para compartir ou regalar!

08 de febreiro de 2022

Aínda estás pensando como celebrar San Valentín? Non busques máis, temos o que lle gusta! Bota unha ollada ás nosas suxestións en produtos de alimentación e lotes de perfumería. Seguro que acertarás!

Ideas para compartir ou regalar en San Valentín

Para que sexa unha celebración perfecta, poñemos á vosa disposición doces, viños e lotes de perfumería especiais este día.

Opcións doces e viño para compartir o Día dos Namorados

Imagen Texto 1 San Valentin

  • Torta Corazón crocante: Con decoración efecto espello e con recheo de crema de cacao e abelá. Antes de consumir, hai que desconxelala a temperatura ambiente durante dúas horas.
  • Viño Finca Malcriada: Viño branco doce, moi fácil de beber polo seu baixo grao alcohólico. Indicado para maridar con tapas, queixos, patés, pasta e ensaladas. Tamén con pratos lixeiros e peixes.
  • Corazón Chocolate: Cun novo deseño de crebacabezas e sabor a chocolate con leite. Ademais, é sen glute!

Nas nosas tendas de Sevilla e Canarias, podedes encontrar este mesmo viño con outro envoltorio e nome “Dime que Sí”

Novidades de Lotes de perfumería para regalar nesta data tan especial

Imagen Texto 2 San Valentin

  • Lote Rouge: Para ela. Inclúe barra de labios mate, espello e laca de uñas. Todo en cor vermella, ideal para este día.

  • Lote To my love: Para ela. Inclúe colonia e xel de baño. Con notas amadeiradas orientais.

  • Lote Checkmate: Para el. Inclúe colonia e xel de baño. Con notas amadeiradas orientais.

Outras recomendacións

Se che gusta cociñar e queres sorprender a esa persoa tan especial cunha comida ou cea diferente, consulta a nosa listaxe de receitas. Hai de todo!