Aínda estás pensando como celebrar San Valentín? Non busques máis, temos o que lle gusta! Bota unha ollada ás nosas suxestións en produtos de alimentación e lotes de perfumería. Seguro que acertarás!
Ideas para compartir ou regalar en San Valentín
Para que sexa unha celebración perfecta, poñemos á vosa disposición doces, viños e lotes de perfumería especiais este día.
Opcións doces e viño para compartir o Día dos Namorados
- Torta Corazón crocante: Con decoración efecto espello e con recheo de crema de cacao e abelá. Antes de consumir, hai que desconxelala a temperatura ambiente durante dúas horas.
- Viño Finca Malcriada: Viño branco doce, moi fácil de beber polo seu baixo grao alcohólico. Indicado para maridar con tapas, queixos, patés, pasta e ensaladas. Tamén con pratos lixeiros e peixes.
- Corazón Chocolate: Cun novo deseño de crebacabezas e sabor a chocolate con leite. Ademais, é sen glute!
Nas nosas tendas de Sevilla e Canarias, podedes encontrar este mesmo viño con outro envoltorio e nome “Dime que Sí”
Novidades de Lotes de perfumería para regalar nesta data tan especial
-
Lote Rouge: Para ela. Inclúe barra de labios mate, espello e laca de uñas. Todo en cor vermella, ideal para este día.
-
Lote To my love: Para ela. Inclúe colonia e xel de baño. Con notas amadeiradas orientais.
- Lote Checkmate: Para el. Inclúe colonia e xel de baño. Con notas amadeiradas orientais.
Outras recomendacións
Se che gusta cociñar e queres sorprender a esa persoa tan especial cunha comida ou cea diferente, consulta a nosa listaxe de receitas. Hai de todo!