Nesta época tan difícil é fundamental coidarte e coidar os teus. E unha cousa está relacionada coa outra.

Unha época para coidarte e coidar os teus

02 de maio de 2020

Esta tempada de corentena ensinounos a importancia de coidar de nós mesmos e de coidar os nosos familiares, as nosas mascotas, incluso os nosos veciños e amigos... aínda que moitos deles estean á distancia.

Cóidate...

Nesta tempada coidarte é de vital importancia. É unha época difícil, na que tanto a túa saúde física como a anímica se poden ver afectadas.

Ten en conta que o teu coidado persoal é imprescindible para poder coidar a túa familia, así que debes estar sempre en alerta porque o coidado dos demais empeza polo dun mesmo.

Aproveita para durmir as horas que corresponden a un bo descanso, tamén para coidar a túa alimentación con receitas deliciosas e nutritivas, sen descoidar as froitas e as verduras. É importante comer san, dende logo, pero tamén debes permitirte algún capricho de vez en cando.

Non descoides tampouco o exercicio físico e bótalle imaxinación para manter a forma na casa. Tes que permitirte desconectar, tomar un baño relaxante, ler un bo libro, escoitar a túa música favorita... En definitiva, dedicar algo de tempo diario a mimarte.

Texto 1 Imagen Momentos cuidados

Por exemplo, é unha época perfecta para facer unha limpeza facial a fondo, para estrear algún tratamento corporal, coidar a túa pel ou aproveitar para aprender todos os trucos para quitar o esmalte das túas uñas.

Son só uns cantos exemplos, seguro que a ti se che ocorren moitos máis.

... e coida os demais

No ámbito familiar moi a miúdo hai nenos e persoas maiores. Para eles adoitan ser sempre os coidados máis entregados.

Os nenos, despois de tanto tempo sen saír, necesitan moita comprensión e moito amor. Á parte de coidado físico e psicolóxico, requiren tamén eses bos intres de xogo e diversión, que lles brindemos unha parte importante do noso tempo.

Texto 2 Imagen Momentos cuidados

Podemos pasar un bo momento cambiando o seu peiteado con estas trenzas "boxer", facer traballos manuais entre toda a familia; tamén cociñar a súa pizza favorita ou preparar unhas deliciosos flocos de millo doces para acompañar unha boa película.

As persoas maiores tamén poden gozar de todas estas actividades. Foi o colectivo máis prexudicado por esta crise e merecen un momento de evasión.

Texto 3 Imagen Momentos cuidados

O coidado da súa alimentación e unha boa hidratación son esenciais nesta época, máis que nunca. Tamén as medidas de hixiene e realizar un mínimo de exercicio físico caseiro. E moi importante tamén procurarlles distraccións e ese coidado emocional tan necesario.

Non esquezamos outros membros da familia moi especiais, as mascotas. Agora máis que nunca, é moi importante coidar a súa alimentación. Ao vérense reducidas as súas saídas á rúa, pode que moitas leven unha vida un pouco máis sedentaria da habitual, polo que debemos telo en conta á hora de proporcionarlles a comida.

Texto 4 Imagen Momentos cuidados

Aproveita este tempo na casa para pasalo xuntos. Hai moitos xogos que podes facer con ela para evitar que caia no aburrimento, como agocharlle o seu xoguete favorito ou ensinarlle novos trucos. Sen dúbida, agradeceracho e serviravos aos dous para estreitar, aínda máis, o voso vínculo.

Outro factor importante é o aseo da túa mascota..., duchar o teu can na casa pode ser divertido. Iso si, prepara todo antes para evitar que, nunha distracción, o teu can saia correndo mollado cara ao salón!

Outras recomendacións

A limpeza do teu fogar tamén é fundamental nesta época. Para unha desinfección rápida e profunda, proba o noso Multiúsos con lixivia.