Retirar pola túa conta o esmalte semipermanente ou o acrílico/porcelana das túas uñas pode resultar moi complicado, se non sabes como facelo ben. Ademais, corres o risco de danar as túas uñas.
Por iso, hai que seguir un proceso adecuado, no que se debe ir pouco a pouco. Explicámoscho a continuación.
Paso a paso para a retirada do esmalte semipermanente ou acrílico/porcelana das uñas
Para levar a cabo esta tarefa con éxito necesitarás unha serie de utensilios básicos: unha lima, discos de algodón, quitaesmalte con acetona pura, papel de prata, un pauciño de laranxeira, unha pastilla efervescente de manicura, aceite hidratante de mans...
Sigue as seguintes recomendacións e quitarás o esmalte semipermanente ou acrílico/porcelana das túas uñas de forma adecuada.
1. Retirar o esmalte
- Limar a superficie da uña suavemente para retirar o brillo.
- Envolver a uña cun disco de algodón empapado en quitaesmalte con acetona pura.
- Envolver o algodón con papel de prata.
- Esperar 10 minutos.
- Retirar os restos cun pauciño de laranxeira.
2. Limar os bordos coa forma desexada
- Se son estreitas darlle forma cadrada.
- Se son anchas darlle forma redonda ou amendoada.
3. Pulir a uña cun pulidor
4. Abrandar as cutículas con auga temperada e una pastilla de manicura efervescente durante 10 minutos.
5. Retiralas cun pauciño de laranxeira.
6. Hidratar as uñas e cutículas con aceite.
7. Hidratar as mans.
8. Esmaltar.
Outras recomendacións
Sabes como facer unha limpeza facial perfecta?