Aprende a distinguir los alimentos completos y los complementarios y utilízalos en la alimentación de tu mascota.

Alimentos completos e complementarios. Sigue a guía de alimentación coa túa mascota

10 de septembro de 2020

No mercado da alimentación para mascotas existe unha ampla variedade de alimentos para cans e gatos, deseñados para cubrir diferentes necesidades ou estados fisiolóxicos de cada un dos nosos animais de compañía. Estes alimentos pódense clasificar en alimentos completos e alimentos complementarios pero, que significa cada un deles?

Diferenzas entre alimentos completos ou complementarios para a túa mascota

  • Alimento completo: é un penso composto que, debido á súa composición, é suficiente para unha ración diaria. Isto quere dicir que pode ser administrado como unha dieta única sen necesidade de achegar outro tipo de alimentos, xa que co seu uso cóbrense todas as necesidades nutricionais da túa mascota. Adoitan ser os alimentos secos, semihúmidos ou húmidos, os que se usan habitualmente como a comida diaria dos nosos peludos.
  • Alimento complementario: penso composto cun contido elevado de determinadas substancias pero que, debido á súa composición, non é suficiente para unha ración diaria a menos que se utilice en combinación con outro penso. É dicir, este tipo de alimentos non poden ser administrados como unha dieta única. Adoitan ser os “premios”, “larpeiradas” ou “snacks” que lles dámos ás nosas mascotas de maneira esporádica para premiar o seu comportamento ou demostrarlle o moito que os queremos.

Por que é importante seguir a táboa da guía de alimentación dos envases?

Nos envases de alimentos para mascotas podemos encontrar unha táboa, na que se indican as cantidades diarias recomendadas que hai que utilizar nas nosas mascotas. Esta é unha información moi importante para realizar un axeitado uso do alimento.

Infografía alimentos completos gallego

As necesidades nutricionais das mascotas varían en función do alimento utilizado e das características individuais do animal, como son: o peso, a raza, a idade, a actividade, o estado fisiolóxico, etc. Por isto, non se pode achegar a mesma cantidade do mesmo alimento a dous animais diferentes, nin tampouco utilizar a mesma cantidade de ración de dous produtos distintos.

Por iso, sempre se recomenda seguir a guía de alimentación que aparece en cada un dos envases, para desta maneira axustar a cantidade necesaria a cada mascota e non dar máis ou menos cantidade de alimento que a necesaria para unha correcta nutrición.

Por que se fai unha recomendación en canto ao número de comidas diarias?

Texto 1 Imagen Alimento completo vs complementario

En xeral, recoméndase dividir a ración diaria en varias tomas, co fin de que o animal reparta a cantidade de alimento ao longo do día e, deste xeito, non sobrecargue o seu aparato dixestivo comendo moita cantidade de golpe.

No caso dos cans recoméndase repartir a cantidade diaria en, polo menos, 2 tomas a intervalos regulares cada día, establecendo unha rutina de comidas á mesma hora. Debido a que os cans adultos teñen un grande apetito e son capaces de comer dunha soa vez a cantidade diaria recomendada, non é aconsellable subministrar o alimento a libre elección, xa que poderían sufrir un aumento de peso non desexado.

No caso dos gatos pódese deixar o alimento a libre disposición, sempre que o animal saiba racionalo. En caso contrario, recoméndase repartir o alimento en 2-3 tomas e establecer un horario nas comidas.

Os problemas que causa o exceso de alimentación

A maioría dos animais non teñen capacidade de autorregular a cantidade de alimento que comen, polo que poden chegar a comer todo o que se lles ofrece independentemente de se están superando con esa cantidade as súas necesidades nutricionais diarias. Polo tanto, cando non se seguen adecuadamente as recomendacións nutricionais que se indican na guía de alimentación, o animal pode consumir moita máis cantidade do alimento necesario, e ter un problema de exceso de peso.

As mascotas con exceso de peso teñen unha menor esperanza de vida, debido en parte aos problemas asociados que adoitan aparecer nun animal obeso, como son a diabete mellitus, problemas articulares, problemas respiratorios, problemas cardíacos, etc.

Por este motivo, sempre se recomenda seguir a guía de alimentación e non utilizar outro tipo de alimentos xunto cos alimentos completos, para non achegar unha maior cantidade de alimento da que o animal necesita.

Comida caseira?

Texto 2 Imagen Alimento completo vs complementario

É importante destacar que é moi complicado elaborar unha dieta completa con comida caseira coa que se cubran todas as necesidades nutricionais da nosa mascota, xa que son necesarios uns coñecementos en nutrición animal. Non serve darlle as sobras da nosa comida ou cea ao animal, nin facer unha dieta de forma intuitiva sen consultar cun especialista en nutrición animal. Sen estas recomendacións, usar unha dieta caseira pode ocasionar carencias nutricionais que provoquen algún problema de saúde no animal.

Ademais, usar dietas caseiras require un esforzo de tempo e traballo que moitos propietarios non poden asumir.

Tamén hai que ter en conta que a inxestión dalgúns alimentos moi comúns para as persoas, como son o chocolate (teobromina) e a cafeína son tóxicos para os cans e gatos, causando vómitos, diarrea, hiperactividade, taquicardia e incluso convulsións. A cebola tamén pode representar un risco, xa que pode provocar anemia. As uvas e pasas poden causar problemas renais.

Outro tipo de alimentos caseiros como a carne crúa sen cociñar pode ser unha fonte de infección por contaminacións microbiolóxicas e un risco tanto para as mascotas como para o dono ou os seus familiares pola súa manipulación. Tampouco é recomendable o uso de ósos ou espiñas de peixe en cans nin gatos, xa que poden danar os dentes e provocar obstrucións intestinais.

Tampouco se recomenda darlle alimentos caseiros xunto co penso, xa que se pode estar sobrealimentando o animal e desta maneira ocasionar exceso de peso cos seus problemas asociados. E incluso provocar unha sobrecarga alimentaria na nosa mascota que ocasione problemas dixestivos, como vómitos e diarreas.

Outras recomendacións

Utiliza os Snacks de Compy para premiar o teu can.