O noso can merece o mellor. Sempre está aí, esperando a que cheguemos á casa para recibirnos alegremente. É parte da nosa familia e gústalle xogar con nós, descansar ao noso lado e gozar dun snack na nosa compañía.
Na gama Compy, marca exclusiva de Mercadona, ademais de pensos tamén podes encontrar unha gran variedade de snacks para os cans máis esixentes e caprichosos.
Os snacks de Compy son moito máis que un complemento na súa alimentación. Compartir cada día unha larpeirada co noso can, permítenos estreitar a nosa complicidade con el, axúdanos a educalo ofrecéndollela como recompensa e fai máis entretidos e exquisitos os nosos momentos tanto na casa como ao aire libre.
Por iso te animamos a compartir co teu can un snack para premiar a súa fidelidade. Podes ir variando para sorprendelo en cada ocasión, dependendo da raza e da idade.
Cando e como premiar o teu can?
Se se busca educar, é conveniente darlle estas recompensas ao can cun sentido. No hai nada de malo en ofrecerlle unha larpeirada de vez en cando sen motivo aparente, aínda que é moi importante seguir a guía de alimentación para cada tamaño de can indicada na parte traseira do envase.
Estes alimentos utilízanse moitas veces en programas de adestramento e sempre deben utilizarse con rigor e eficiencia. O animal debe entender por que acción se está premiando, de xeito que hai que facelo de forma directa e moi concreta, sen abusar das recompensas, xa que se trata dun alimento complementario.
Un premio emprégase como reforzo positivo para a mascota en casos como os seguintes:
- Se estamos adestrando o can nalgunha actividade, como sentarse, dar a pata, etc.
- Se queremos mellorar o seu comportamento. Por exemplo, fomentar que se porte ben á hora do baño, que non se bote a comer enriba do prato antes de que o deixemos no chan, etc.
- No caso de cachorros que están aprendendo a facer as súas necesidades na rúa.
- Etc.
Ademais podemos achegar snacks con diferentes funcionalidades como por exemplo favorecer a hixiene dental e axudar a manter un alento fresco.
Tipos de premios non aptos para o consumo animal
Hai que evitar os doces e o chocolate, xa que son prexudiciais para a súa saúde. Tamén se desaconsellan os ósos de polo, xa que poden restelar e provocar problemas cravándose tanto na boca como no tracto dixestivo do animal.
Unha recomendación importante: as recompensas deben ir acompañadas sempre por expresións de afecto e cariño para contribuír ao reforzo positivo. Aos cans non sempre se lles ensina algo con premios. Por iso, é importante acompañalos con caricias, un ton de voz amable, un alto grao de complicidade, pasar tempo con eles, etc.
Divertidos e saborosos snacks de Compy para cans adultos
Compy Corazóns con carne fresca
Se queres namorar de verdade o teu can ofrécelle deliciosos bocados tenros e zumarentos elaborados con carne fresca. Axudan ao reforzo inmunolóxico.
Ideais para cans con dentadura sensible ou para cans acostumados a comida húmida.
Apto para cans adultos de raza pequena, mediana ou grande.
Envase: 350 gramos
Compy Galletas
Galletas crocantes feitas ao forno con forma de corazón e aroma de vainilla.
Ideal para cans adultos de raza mediana/grande ou pequena.
Envase: 1 quilo
CompyMix Galletas
Mix de galletas crocantes con divertida forma de ósiños e bocadiños recheos con vacún e con aroma de vainilla. Enriquecidas con vitaminas.
Para cans adultos de raza pequena ou mediana/grande.
Envase: 350 gramos
Compy Salchichas
Saborosas salchichas cun 90% de carnes ricas en proteínas.
Ideal para cans adultos de calquera raza.
Envase: 95 gramos
Compy Mini Stick Dental
Para cans adultos de raza pequena, favorece a hixiene dental. Grazas aos seus ingredientes activos e ao efecto físico realizado pola súa forma e textura, axuda a controlar a formación da placa e o sarrio á vez que proporciona un alento fresco. Ademais, é baixo en graxa e non contén azucres engadidos.
Envase: 250 gramos
Outros snacks para cans en Mercadona
Ademais dos snacks de Compy, na sección de mascotas da túa tenda Mercadona podes encontrar outros snacks para premiar o teu can da marca Compy.
Compy, só á venda nos supermercados Mercadona, é a marca máis vendida de alimentación de mascotas en España.
Outras recomendacións
Infórmate con máis detalle sobre a calidade do penso Compy.