Coñece o produto de Mantemento de inverno para a túa piscina

Mantemento de inverno para todas as piscinas

01 de septembro de 2023

Que produto utilizas para manter a túa piscina no inverno? Facelo é fundamental para que dentro duns meses poidas utilizala en óptimas condicións: protexida contra danos e con boa calidade da auga.

Non busques máis, temos a solución máis práctica para que o próximo verán goces dos mellores baños e momentos de relax na túa piscina.

Que vantaxes ten o produto de Mantemento de inverno para todas as piscinas?

Con este produto podes recuperar a auga facilmente cando chegue a tempada de baño. Non fai falta que baleires a auga da piscina.

Manténdoa con este líquido conservante, aforras unha gran cantidade de auga.

Ademais, a auga da piscina actúa como illante térmico, protexendo os materiais da piscina e evitando que se formen gretas ou estragos no chan ou nas paredes do vaso.

Modo de uso

Baja el nivel del agua y tapa los skimmers o bocas

Comprueba el Ph y Cloro

Dosifica el producto por toda la piscina

  • Baixa o nivel da auga 15-20 cm por debaixo dos skimmers (escumadeiras) e protexe as bocas destes para evitar que a sucidade entre por eles.
  • Dosifica o produto por toda a área da piscina coa depuradora en marcha, para axudar á súa repartición e disolución homoxénea (100 ml por cada m3). Nos invernos suaves pode haber unha maior proliferación de algas. Volve dosificar o produto cada tres meses.
  • Para volver recuperar a auga da piscina para poder bañarse, hai que seguir o tratamento de “Inicio” ou “Arranque” da piscina (estes produtos non manteñen a auga cristalina durante o inverno, son para recuperar as condicións óptimas para o baño).

Compatibilidades

  • Compatible con todo tipo de piscinas.
  • Incompatible con materia orgánica, deterxentes aniónicos, derivados amoniacais ou hipocloritos.
  • Incompatible con cloro, chumbo, aluminio, estaño, zinc ou as súas aliaxes (bronce, latón, etc.).

Precaucións

  • Unha vez utilizado o produto de mantemento para a piscina, esta non será apta para o baño durante o inverno ata que volvas facer un tratamento de “Inicio” ou “Arranque”.
  • Antes de dosificar: é moi importante medir sempre o pH e o cloro. A auga debe encontrarse nos parámetros correctos. En caso contrario, os produtos non terán o efecto desexado.
  • Non utilices a piscina para o baño unha vez tratada co produto.
  • Conserva unicamente no recipiente orixinal.
  • Le detalladamente as instrucións no envase.

Outras recomendacións

Segue a nosa guía para a posta a punto e mantemento da túa piscina durante a tempada de baño.

Descubre a nosa gama de cremas e protectores solares e os mellores consellos para protexer a túa pel do sol.

Despídete do pelo coa nosa Liña de produtos de depilación.