Axudámosche a facer o teu cambio de armario máis fácil

Fai o teu cambio de armario máis fácil coa nosa guía paso a paso

17 de outubro de 2023

Dar o paso para facer o cambio e a limpeza do armario adoita custar un pouco, pero tamén pode ser unha oportunidade de ouro para darlle un bo cambio e prepararte para a próxima estación.

Guía cambio de armario Paso 1: vaciar armario, cajones y zapatero

Limpar e organizar o teu armario axudarache a renovar o teu espazo, a adaptar o teu look ao cambio estacional, a organizar mellor as túas pezas de vestir e a desprenderte dalgunhas que xa non utilizas. Ademais, é necesario limpar os armarios e caixóns para unha correcta hixiene do fogar.

Para facilitarche a tarefa, preparamos esta guía paso a paso. Sigue lendo!

Guía fácil para facer o cambio de armario en 7 pasos

1. Baleira o armario, os caixóns e o zapateiro

Como paso previo á limpeza, debes baleirar o armario e todos os seus compartimentos. Isto permitirache limpar a fondo, saber exactamente que pezas tes e ver o espazo dispoñible para organizalas.

2. Limpa todas as zonas de almacenaxe en profundidade (armario, caixóns, zapateiro...)

Cando xa temos a superficie despexada pasamos a limpar o po a fondo. Só vas utilizar unha baeta especial para po humedecida e un produto específico diluído. Sigue os seguintes pasos:

  • Dilúe dous tapóns do Limpador multiúsos PH neutro en 5 litros de auga. Se se trata de armarios de madeira e laminados tamén se pode utilizar o limpador con xabón.

Guía cambio de armario Paso 2 Mercadona: diluir dos tapones del Limpiahogar PH neutro en 5 litros de agua

  • Humedece a nosa baeta para po na solución e escorre ben.

Guía cambio de armario Paso 3 Mercadona: humedecer nuestra bayeta para polvo en la solución y escurrir bien.

  • Limpa as superficies do armario e os caixóns coa baeta.

Guía cambio de armario Paso 4 Mercadona: limpiar las superficies de armario y cajones con la bayeta.

  • Se a baeta está ben escorrida non é necesario secar. En caso contrario, seca con outra baeta seca ou papel absorbente.

3. Ordena a roupa e decide que pezas de vestir se gardan e cales se descartan

O primeiro é planificar. É fundamental establecer unhas categorías dentro do teu armario. É o momento de decidir que roupa queda para a tempada que empeza, que pezas gardas para a seguinte estación e cales vas desbotar.

Antes de ordenar, é fundamental facer unha boa selección. Para saber que pezas non puxeches nos últimos meses, un bo truco para o inicio da tempada é colocar cada percha coa súa peza ao revés. Cada vez que poñas unha peza coloca a percha na súa posición natural. Así, cando conclúa a estación poderás ver que roupa hai que desbotar e será máis fácil seleccionar.

Se algunha peza xa non che gusta, xa non é tendencia, xa non se axusta ao teu estilo actual ou xa non é o teu talle, o mellor é que a does; se está vella ou rota, o mellor é que a retires.

Nota mental: desbota toda aquela peza que non puxeses en dúas tempadas seguidas.

4. Lava as pezas de vestir e limpa os accesorios que o necesiten

Lava a roupa que vas gardar para a próxima tempada segundo as instrucións do fabricante, antes de almacenala. Isto inclúe tamén as sabas e a roupa da cama.

Limpa convenientemente as pezas que requiran atención especial, como abrigos de inverno ou pezas delicadas.

5. Organiza de maneira eficiente

Guía cambio de armario Paso 1 Mercadona: organizar de manera eficiente

Clasifica a roupa para esta tempada e ordénaa por categorías: camisas, pantalóns, vestidos, abrigos, roupa de deporte... Así saberás o espazo que necesitas para cada cousa.

Ter en conta a frecuencia de uso é fundamental: as pezas que usas con regularidade deben estar ao alcance da man, mentres que as que só pos de vez en cando podes gardalas en lugares menos accesibles.

Utiliza perchas adecuadas para cada tipo de peza. Evita as de arame que poden facer que a roupa se deforme, opta por perchas consistentes. É a forma de organización máis recomendable para camisas, vestidos, chaquetas e outras pezas proclives a engurrar.

Intenta poñer só unha peza por percha e procura deixar un pouco aire entre percha e percha para que a peza se conserve mellor e sexa máis manexable.

Outro bo consello é que as perchas sexan iguais. Así aprovéitase mellor a capacidade do teu armario e cóidase a estética, que tamén é importante.

Pensa en incluír pantaloneiros no teu armario, aforran moito espazo e permítenche unha visibilidade e acceso inmediatos aos teus pantalóns.

O dobrado en vertical permite optimizar os espazos. É moi efectivo para gardar a roupa dobrada en caixóns ou cestas de reixa, especialmente indicado para camisetas, roupa interior ou calcetíns. Podes ordenar as camisetas por cores e separalas por tipo. Por exemplo, se é inverno podes poñer diante as de manga longa ou as de manga curta se é verán. Tamén podes incluír separadores para a roupa interior.

Coloca os zapatos na parte inferior do teu armario ou nun zapateiro, ordenados por categorías: sandalias, zapatos, botas, zapatillas... Coma co resto da roupa, coloca os que utilices con máis frecuencia nun lugar máis accesible. Os que utilices de vez en cando poden colocarse en caixas na parte superior do armario.

Ordena os accesorios pequenos en caixóns e compartimentos: roupa de baño, accesorios para a praia, cintos...

6. Ambienta ou prevé malos olores

Para que o teu armario sempre ula ben é importante ventilalo e limpalo a fondo. Respecto ás pezas de roupa que contén deben estar sempre perfectamente lavadas e secas antes de gardalas. O olor a húmido é un dos principais e máis molestos problemas que poden aparecer no noso armario.

Afortunadamente, en Mercadona podes encontrar diferentes produtos para previr os malos olores, como o Ambientador para armarios e caixóns Spa de perfume duradeiro que podes colgar en barras de perchas ou colocar nos caixóns.

Guía cambio de armario Paso 6 Mercadona: ambientar o prevenir malos olores

Outra excelente opción para combater o mal olor dos armarios e zapateiros é o noso Absorbeolores Roupa Limpa Bosque Verde. No caso dos zapateiros é moi importante airealos a diario para renovar o aire e que non se estanquen os olores.

Guía cambio de armario Paso 7 Mercadona: Absorbeolores Ropa Limpia Bosque Verde

7. Almacena para a seguinte tempada

Coloca as pezas que seleccionaches para a próxima tempada nun alto do armario. Organízaas en caixas, bolsas ou fundas protectoras, dependendo de cada peza e do seu volume.

Almacena por categorías e etiqueta cada bolsa para saber que contén.

Para evitar a aparición de couzas é fundamental coidar a limpeza do noso armario e que as pezas gardadas fosen convenientemente lavadas e se lles pasase o ferro. Para a súa prevención podes utilizar produtos específicos, como as nosas Anticouzas Lavanda Bosque Verde, dispoñibles en bolsiñas e en colgadoiros. Escolle o que mellor se adapte ao espazo que necesitas protexer.

Guía cambio de armario Paso 8 Mercadona: Antipolillas Lavanda Bosque Verde

Para eliminar os ácaros e previr alerxias, unha recomendación básica é manter o armario sempre ben cerrado e non gardar nunca roupa que non estea completamente seca. Así mesmo, non se debe utilizar a roupa almacenada durante meses sen lavala antes.

Neste sentido, para illar completamente as pezas, ocupar o mínimo espazo e previr de alerxias e humidades, é recomendable usar bolsas de baleiro e aspirar o aire sobrante.

Non esquezas limpar os teus accesorios e conservalos adecuadamente para manter todo fresco e listo para usar cando chegue o momento: zapatos, bolsos, carteiras, guantes, gravatas, sombreiros, paraugas...

Garda os zapatos que non vaias usar ata a próxima tempada en caixas ou bolsas ou, no seu defecto, en fundas de plástico transparentes.

Outras recomendacións

Lava a túa roupa co noso Deterxente hipoalerxénico perfumado, moi eficaz en limpeza e brancura.

Coñeces o noso Ambientador de tecidos Bosque Verde?

Sigue a nosa guía para limpar e organizar a túa neveira e conxelador.