AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Dámosche uns cantos consellos útiles para protexerte do sol este verán e eliminar riscos.

Consellos baixo o sol

26 de xuño de 2019

O verán achégase e cada vez dedicamos máis tempo a tomar o sol. O uso dun protector solar adecuado é indispensable. Non obstante, se queremos eliminar riscos, hai que seguir unha serie de pautas para non poñer en perigo a nosa pel.

É importante saber cales son as horas adecuadas para expoñer o noso corpo ao sol, canto protector solar aplicar e que zonas coidar especialmente, utilizar un after sun e outras cuestións importantes.

Como aplicar os protectores solares e after sun

En Mercadona dispoñemos dunha ampla variedade de protectores solares e after sun. A continuación indicámosche como realizar unha boa aplicación segundo o tipo de protector.

  • Aerosol: pulverizar de forma continua sobre a pel ata cubrir cada zona do corpo. A continuación estender coa man de forma uniforme ata a súa absorción. Non vaporizar directamente sobre o rostro, pulverizar antes nas mans, estender sobre o rostro e evitar sempre o contorno dos ollos.
  • Leite: Aplicar un mínimo de 2 dedos de crema por cada zona que hai que protexer no corpo e un mínimo de 1 dedo de crema por cada zona do rostro. Estender coa man uniformemente ata que a pel absorba a crema
  • Aceite: Aplicar un mínimo de 12 a 15 pulverizacións dependendo da zona que hai que protexer no corpo. Pulverizar sobre a pel e a continuación estender sempre coa man de forma uniforme. A súa textura é seca e de rápida absorción.
  • Spray: Aplicar un mínimo de 12 a 15 pulverizacións dependendo da zona que hai que protexer no corpo e un mínimo de 6 no rostro. Pulverizar sobre a pel e a continuación estender sempre coa man de forma uniforme, excepto no rostro que pulverizaremos directamente sobre a man e a continuación estenderemos sobre o rostro evitando sempre o contorno dos ollos.
  • Crema facial: aplicar un mínimo de 1 dedo de crema por cada zona do rostro que hai que protexer. Aplicar sempre os protectores faciais sobre o rostro limpo e seco.
  • After sun: despois da exposición solar aplicar after sun despois da ducha para calmar, hidratar e reparar a pel para axudar, así, a prolongar o bronceado.

Protéxete do sol sen riscos

Por iso elaboramos unha serie de tips sobre protección solar, para que aprendas a tomar o sol dunha forma segura e tranquila.

Protéxete durante todo o ano

Protéxete a diario e non só na praia ou na piscina. Tamén cando practiques deportes ao aire libre, na montaña, cando pasees ou mentres tomas algo nunha terraza.

Aplica unha cantidade adecuada de protector solar de maneira uniforme

É aconsellable realizar a aplicación no corpo e no rostro 30 minutos antes da exposición solar. Presta especial atención a zonas sensibles como nariz, labios, orellas, ombreiros, caluga e empeñas do pés.

Escolle o FPS (Factor de Protección Solar) apropiado para o teu fototipo de pel

Na praia e na piscina utiliza un protector solar resistente á auga, para asegurar que a túa pel estea protexida en todo momento.

Escolle a textura do teu protector solar que mellor se adapte á túa pel e volve aplicar cada dúas horas, tralo baño, tras suar ou despois de secarte con toalla.

Ademais, ten en conta que os nenos deben usar protección específica.

Evita expoñerte ao sol durante as horas centrais do día (entre as 12 e as 16 horas)

Aconséllase tomar o sol antes das 12 e despois das 16 horas, e facelo de forma gradual.

Utiliza os complementos que sexan necesarios para protexerte ben do sol: sombreiro, pareo, parasol, lentes de sol…

Despois de tomar o sol aplica after sun para reparar, calmar e hidratar a túa pel

Trala exposición é recomendable unha ducha con auga morna ou fría para evitar que reseque a pel. A continuación aplica o after sun.

Lembra que é moi importante beber auga con frecuencia antes, durante e despois da exposición ao sol.

Calidade dos Protectores Solares de Mercadona

Os protectores solares protexen fronte á radiación UVA/UVB cumprindo coa normativa europea. Ademais están formulados con diferentes texturas para adaptarse ás necesidades de todos os tipos de pel.

Outras recomendacións

Se buscas produtos de tratamento corporal ou facial, perfumes ou colonias, hixiene persoal… entra na nosa sección de Perfumería.