Sigue os nosos consellos de limpeza e organización da túa neveira e do teu conxelador.

Guía para limpar e organizar a túa neveira e o teu conxelador

18 de septembro de 2023

Limpar a neveira e o conxelador é unha tarefa doméstica que require bastante atención. É necesario limpar estes espazos con certa frecuencia para manter os alimentos frescos e garantir que os alimentos sexan aptos para o seu consumo. De feito, a neveira é un dos electrodomésticos que acumula máis xermes (bacterias, mofo e outros patóxenos). Por iso, a súa limpeza non podemos pasala por alto.

Manter a neveira e o conxelador limpos e organizados non só contribúe á seguridade alimentaria, senón que tamén facilita o acceso inmediato ao alimento, aproveita mellor o espazo, mellora a eficiencia enerxética e prolonga a vida útil destes electrodomésticos esenciais.

Unha rutina de limpeza regular e a correspondente organización da túa neveira e do teu conxelador son hábitos saudables que benefician tanto a túa familia como a túa cociña. Sigue os nosos consellos, é moito máis fácil do que parece.

Con que frecuencia se recomenda limpar a neveira e o conxelador?

A frecuencia recomendada para limpar a neveira e o conxelador pode variar segundo o uso, a cantidade de alimentos almacenados e as condicións ambientais.

Non obstante, a recomendación estándar é limpar a neveira polo menos unha vez ao mes, e no caso do conxelador, polo menos unha vez ao ano.

Pautas para a limpeza e organización da túa neveira e do teu conxelador

Preparación

  • Saca os alimentos e gárdaos nunha bolsa térmica para conservalos frescos. Revisa as datas de caducidade e desfaite de todo aquilo que xa estea caducado.

Pautas para la limpieza y organización de tu nevera: Saca los alimentos y guárdalos en una bolsa térmica

  • Desconecta a neveira e o conxelador da corrente eléctrica.
  • Saca todos os caixóns, bandexas e demais elementos extraíbles para limpalos fóra.

Pautas para la limpieza y organización de tu nevera: Saca todos los cajones, bandejas y demás elementos extraíbles para limpiarlos fuera

Limpeza

Pautas para la limpieza y organización de tu nevera: Dilución del producto Quitagrasas sin espuma pulverizando 5 veces en 2 litros de agua

  • Introduce a baeta na disolución e escorre ben.

Pautas para la limpieza y organización de tu nevera: Introduce la bayeta en la dilución y escurre bien.

  • Limpa a superficie interior con esta baeta. Presta atención a esquinas, xuntas e zonas de difícil acceso. Utiliza un estropallo suave para as manchas difíciles.
  • Limpa todas as zonas tanto do interior coma do exterior, prestando especial atención á de difícil acceso.

Pautas para la limpieza y organización de tu nevera: Limpia todas las zonas tanto del interiores como del exterior,

  • Para manchas persistentes, utiliza un estropallo suave.

Pautas para la limpieza y organización de tu nevera: Para manchas persistentes, utiliza un estropajo suave.

  • Aclara con outra baeta humedecida só con auga e seca con papel absorbente.

Paso 1: Aclara con otra bayeta humedecida solo con agua

Paso 2: Aclara con otra bayeta humedecida solo con agua

Paso 3: Seca con papel absorbente

Organización

Planifica a disposición dos alimentos en función das súas necesidades de temperatura e conservación.

Infografía sobre la disposición de alimentos en la nevera y congelador

Neveira

  • Zona alta: aproveita a zona alta para embutidos, comidas cociñadas, precociñados, conservas abertas...
  • Zona media: reserva a zona media para os lácteos, leite, queixos frescos e iogures, así como os ovos.
  • Zona baixa: coloca na parte inferior carnes, aves e peixe.
  • Caixóns de froitas e verduras: utiliza os caixóns preparados para a froita e verdura na zona baixa da neveira para manter estes alimentos frescos e separados.
  • A porta é a zona menos fría e con maiores variacións de temperatura. Ideal para salsas, manteiga, marmelada, refrescos... e, en xeral, produtos que non requiren unha conservación demasiado rigorosa.

Conxelador

  • Primeiro caixón: destina o primeiro caixón para os alimentos que vas consumir antes ou con máis frecuencia: pratos cociñados, xeados, xeo, etc.
  • Compartimentos restantes: no resto dos compartimentos, asigna espazos separados por grupos: peixes, carnes, aves, verduras, pan...

Outras recomendacións

Utiliza as nosas Bolsas zip de conxelación. Grazas ao seu peche hermético conservan perfectamente o sabor e a frescura dos alimentos.

O Vinagre de limpeza concentrado resulta moi eficaz como desengraxante na túa cociña, ideal para limpar o teu forno e o microondas.

Para limpar os teus chans de interior, nada mellor que a nosa Fregona de microfibra.