Sigue os nosos consellos para limpar a túa barbacoa e gozar das reunións ao aire libre.

Consellos para limpar a túa barbacoa e tela sempre a punto

21 de xuño de 2023

Tes a barbacoa lista para o seu uso? Gozala é unha marabilla: diversión ao aire libre, preparacións rápidas sen manchar a cociña, sabor e aroma excepcionais, ambiente relaxado compartindo un aperitivo mentres o lume fai o seu traballo… Todo son vantaxes!

Non obstante, xa sabes que a barbacoa se enche de graxa e require unha posta a punto ao inicio da tempada e un mantemento despois de utilizala. Polo tanto, fai falta saber limpala para garantir o bo sabor dos alimentos e un rendemento perfecto.

Pero non te preocupes: a limpeza da barbacoa (a pesar do que moita xente pensa) é sinxela. Se segues os nosos consellos, poderás gozar ao máximo da túa barbacoa. Invita aos teus amigos, pon o mandil e acende o lume!

Paso a paso para a limpeza da túa barbacoa

Limpar a túa barbacoa nunca foi tan fácil. Sigue os nosos consellos:

1. O primeiro de todo pon uns guantes resistentes. Por exemplo, os de látex co interior flocado de algodón para asegurar illamento e comodidade.

Paso 1: ponte unos guantes resistentes

2. Quita as pezas removibles da barbacoa, como a grella.

3. Quita ben todo o carbón.

4. Para limpar as pezas fixas: utiliza o noso Quitagraxas sen escuma perfume limón, deixa actuar uns segundos e retírao cunha baeta húmida. Acto seguido, seca ben con outra baeta seca.

Paso 4: uso del Quitagrasas sin espuma perfume limón

Paso 4: y retíralo con una bayeta húmeda

5. Para a grella: aplica o Quitagraxas sen escuma perfume limón e déixao actuar uns segundos. Frega cun estropallo forte. Recomendámosche o de tecido entrecruzado de fío de aceiro inoxidable, moi eficaz coa sucidade máis rebelde. Despois, enxauga moi ben baixo a billa e quita toda a humidade da grella cunha baeta seca.

Paso 5: Frota con un estropajo fuerte

Paso final: parrilla limpia tras enjuagar muy bien bajo el grifo y quitar toda la humedad con una bayeta seca

Outras recomendacións

Planifica ben a túa grellada de carne e elixe os produtos que máis lles gusten aos teus comensais, será todo un éxito!

Sigue a nosa Receita de grellada de verán con carne e verduras.

Descubre todos os detalles do noso Quitagraxas sen escuma, contra a sucidade máis incrustada.