Este verán, goza das reunións ao aire libre arredor dunha grellada.

É tempo de Grelladas!

23 de xuño de 2022

Xa vai bo tempo, os plans ao aire libre e en grupo multiplícanse. Así que apetece unha boa Grellada, gozar dunha pracenteira comida de carne á brasa tomando o sol ou ceando baixo as estrelas. Que marabilla!

Nunha reunión de amigos ou coa familia, seguro que cada un ten as súas preferencias, pero coa nosa variedade de carnes, a túa grellada vai ser un éxito garantido. Que sería do verán sen estes momentos?

Fuente de carnes y verduras a la parrilla

Que tipos de carne elixes para a túa Grellada?

Planifica ben a túa grellada e elixe os produtos que máis vos gusten, toma nota!

Cordeiro

  • Costeletas de cordeiro: de pau ou de lombo baixo, ben asadas e crocantes, cunha gornición de pementos, verduras ou patacas asadas. Como a ti che gustan!

Fuente de chuletas de cordero hechas a la barbacoa

Embutidos e hamburguesas

  • Botifarra fresca: deliciosas, para os amantes da carne de porco. Acompáñaas cunhas patacas, unha mazaroca de millo, uns espárragos asados ou unha ensalada que dea o necesario contraste de frescura.
  • Longaínza fresca: o bocado favorito de moitos partidarios da grellada. Fabulosas entre pan, con alioli, cunhas patacas… saborosas a máis non poder!
  • Burger de vacún grosa: despois de pasar pola brasa, cada cal ten o seu toque favorito para completala: diferentes tipos de pan de burger, tomatiños cereixa, cogombriños, cebola, salsas, maionesa, kétchup, mostaza, etc.

Embutidos y hamburguesas hechos a la barbacoa

Vacún

  • Costeleta: estades de acordo no punto de cocción da carne? Pois prepara esas costeletas á brasa co sabor, a textura e a cor desexados, engade uns pementos, cabaciñas, berenxenas, unhas cebolas asadas e… a gozar!
  • Entrecosto: entrecosto fino de vacún anello para as persoas amantes deste corte, rico en sabor e tenrura. As clásicas salsas ao roquefort ou á pementa non poden faltar. Como gornición recomendada, que che parece unha ensalada ou un puré de patacas con queixo?

Chuletón y entrecot a la barbacoa

Polo e pavo

  • Churrasco de polo: se prefires as carnes brancas, esta é a túa Grellada. Cun pouco de arte e mimo, este churrasco quedarache zumarento por dentro e crocante por fóra, como debe ser!
  • Coxa de polo desosado: delicioso tal cal ou adubado durante unhas horas, vaste resistir? Perfecto cunhas mazarocas de millo, cebolas, unhas pataquiñas asadas e unha salsa de allo ou chimichurri.
  • Espeto de pavo: outra carne lixeira, pero con carácter. Estes espetos inclúen pemento verde e pemento vermello nunha formidable combinación. Que tal se lles engades cabaza asada, salsa de iogur e unhas herbas aromáticas?

Churrasco de pollo, muslo de pollo deshuesado y brocheta de pavo a la barbacoa

Porcos

  • Costela de porco churrasco: se queres conseguir unhas costelas moi tenras e saborosas, non esquezas adubar a carne unhas horas antes en sidra ou cervexa, cun pouco de tomiño e mostaza.
  • Segredo de porco: unha carne zumarenta e apetitosa feita á grella, outra delicia para o teu padal. E se a acompañamos con berenxenas, cebolas e uns espárragos asados? Que tal uns pinchos de tortilla de pataca?

Costilla de cerdo churrasco y secreto de cerdo a la barbacoa

Outras recomendacións

Sigue as nosas indicacións para elaborar esta receita de Grellada de Verán de Carne e Verduras.

Se queres aprender a facer por ti mesmo unhas salsas perfectas para a grellada, ensinámosche a preparalas.

Aquí tes máis ideas de aperitivos, pratos principais e doces para esas comidas ao aire libre.