Queres limpar as xuntas de azulexos e baldosas da túa casa? Utiliza este Desincrustante de cementos e limpador de xuntas.

Como eliminar a sucidade das xuntas e as manchas de cemento

03 de marzo de 2021

Necesitas limpar as xuntas de calquera lugar da túa casa? Entre azulexos e baldosas adoita ser moi frecuente a acumulación de graxas, manchas, mofo, po e sucidade en xeral.

Para solucionar este problema, utiliza o Desincrustante de cementos e limpador de xuntas, que desincrusta a sucidade e quita os restos de cemento, cal, manchas de óxido e manchas abrancazadas. Serve tanto para limpar as xuntas dos azulexos e baldosas como noutras superficies do teu fogar.

Un produto con dobre función

  • Elimina os restos de cemento e cal
  • Elimina a sucidade incrustada en xuntas de paredes e chans.

Útil para diferentes superficies da casa

  • Pódelo usar noutras superficies do teu fogar como fachadas de ladrillo á vista, piscinas, terracota e lousa, gres rústico e plaqueta.

Modo de uso do Desincrustante de cementos e limpador de xuntas

Segundo o uso concreto que lle queiras dar, varía a forma de emprego.

Xuntas moi sucias

1. Verte o produto directamente nas xuntas ou sobre un estropallo e aplica.

Texto 1 Imagen Limpiajuntas

2. Deixa actuar uns minutos e frega

Texto 3 Imagen Limpiajuntas

3. Aclara varias veces con auga

Texto 4 Imagen Limpiajuntas

4. E listo!

Texto 5 Imagen Limpiajuntas

Eliminar as incrustacións de cemento

1. Con axuda dunha fregona ou esponxa, molla con abundante auga a superficie que queres limpar.

Texto 1 Imagen Desincrustante

2. Aplica o produto directamente (en caso de xuntas ou superficies pequenas) ou diluído (para grandes superficies, una botella en 5 litros de auga)

Texto 2 Imagen Desincrustante

3. Deixa actuar 5 minutos. Non deixes que seque

Texto 4 Imagen Desincrustante

4. Aclara con auga varias veces

Texto 5 Imagen Desincrustante

5. E listo!

Texto 6 Imagen Desincrustante

Mantemento de xuntas (realizar unha vez ao mes)

1. Engade 4 tapóns de produto (sen enchelo de todo) a medio caldeiro de auga (5 litros).

2. Frega

Advertencia: no uses en chans de mármore, terrazo, mosaico, granito nin superficies sensibles aos ácidos. Antes de utilizalo, lee detidamente a información da etiqueta do envase.

Trucos para que as xuntas de azulexos queden coma novas

  • Se o ves necesario, pode servirche de axuda un cepillo de dentes que xa non uses para que o produto arrastre máis a sucidade das xuntas. Evita cepillos duros para non danar o azulexo.
  • Se xa remataches a túa limpeza pero non acaba de quedar ao teu gusto e as xuntas seguen ennegrecidas, repásaas cun produto branqueador de xuntas unha vez que xa estean secos os azulexos ou as baldosas. Fácil e rápido de aplicar. Podes encontralo no noso lineal.
  • Un truco moi recomendado se as xuntas están moi sucias, sobre todo para azulexos da cociña ou do baño, é utilizar unha vaporeta. A limpeza a vapor sobre as xuntas incrementa o efecto de limpeza.

Outras recomendacións

Sigue as nosas recomendacións para unha Limpeza e hixiene dentro e fóra do teu fogar.