Necesitas un Quitagraxas potente e versátil, capaz de enfrontarse sen medo á sucidade máis incrustada? O Quitagraxas sen escuma Bosque Verde actúa coa máxima eficacia en campás extractoras, azulexos, persianas, lavalouzas, tecidos, lamias, mobles de exterior, e ademais en fornos e fogóns, todo o que poidas imaxinar, nada se lle resiste!
Ademais, é moi fácil de usar e deixa un fresco e agradable perfume a limón.
Melloras de calidade no noso Quitagraxas sen escuma
- Textura mellorada, agora é máis viscoso e sen efecto auga
- Agora máis eficaz fronte á disolución das graxas.
- Unha fórmula máis coidada para limpar a fondo sen danar os materiais (madeiras, mesados, etc.).
Modo de uso
É moi sinxelo de utilizar no teu día a día, pero tamén podes sacarlle o máximo partido utilizándoo da forma apropiada segundo a superficie que necesites limpar.
- Pulveriza, deixa actuar uns segundos, frega, aclara e seca.
Elimina a graxa e a sucidade de calquera superficie
Alí onde se acumula a graxa, o Quitagraxas sen escuma resulta moi efectivo e deixa todas as superficies impolutas, sen esforzo. Próbao!
Grellas, mesados, queimadores…
- Este produto asegura a limpeza e facilita o mantemento destas pezas importantes da túa cociña. Desincrusta a graxa máis rebelde, quedarán brillantes!
Azulexos
- Axúdache a manter os azulexos da túa cociña sempre limpos, libres de graxa e en perfecto estado. Como a ti che gusta!
Extractores e campás (e os seus filtros!)
- Un das tarefas máis custosas na cociña é a limpeza dos extractores e das campás, sobre todo os seus filtros. Agora, é moito máis sinxelo coas melloras de calidade deste produto.
En todos estes elementos da cociña o uso é o que describimos: pulveriza, deixa actuar uns segundos, frega cun estropallo, enxauga ou aclara e seca cun pano limpo e seco.
Tecidos
- É un produto indicado para manchas de todo tipo: rozaduras, comida, maquillaxe, transpiración, colos e puños sucios, e outras que non desaparecen cun lavado normal. A túa peza de roupa favorita sen manchas!
Para unha limpeza perfecta pulveriza o tecido e, en caso de
manchas difíciles, recoméndase fregar e lavar inmediatamente.
Lavalouza
- Este produto é perfecto para eliminar a graxa máis difícil da nosa vaixela. Sorprenderate!
Unha vez cargado o lavalouza, pulveriza a louza entre 3-5 veces. Pon o deterxente na caixiña e procede co programa de lavado habitual. Limpeza impecable e sen rastro de graxa!
Lamias de bicicletas, motos, coches...
- O Quitagraxas sen escuma é perfecto para limpar as lamias do teu vehículo e deixalas coma novas.
Mobiliario exterior
- Excelentes resultados e máximo coidado do material, por estragado que pareza. Úsao cos teus mobles da terraza, cadeiras e mesas de madeira, etc. Dálles unha segunda vida!
Tamén podes usar este produto no interior de fornos e microondas. Neste caso, o modo de uso é o seguinte:
- Desenchufa o equipo e, en frío, pulveriza o produto deixando actuar uns segundos. A continuación, elimina os restos.
Outras recomendacións
Para unha limpeza profunda dos teus fornos e microondas, temos un produto especificamente deseñado para iso: Limpador de Fornos Bosque Verde.