Este Limpador desinfectante antibacterias sen lixivia elimina os xermes e bacterias do teu fogar e proporciona un agradable perfume.

Limpador desinfectante antibacterias, sen lixivia

19 de febreiro de 2021

O Limpador desinfectante antibacterias de Bosque Verde é un limpador ideal para manter o teu fogar libre de xermes e bacterias, garantindo a correcta desinfección da vivenda.

A desinfección resulta fundamental para previr enfermidades e problemas de saúde. Existen diferentes opcións para realizala, ben sexa con lixivia, sen lixivia, alcohois..., tal e como che indicamos na nosa Guía de limpeza e desinfección. Consulta cales son os produtos adecuados para cada necesidade: solos, baños, tecidos, obxectos de uso cotiá, etc.

Imagen Limpiador desinfectante

No caso do Limpador desinfectante antibacterias, non contén lixivia e pódelo encontrar en botella e spray. Ademais deste produto, existen outros desinfectantes sen lixivia pensados en cubrir necesidades, concretas, como a desinfección de téxtiles ou a desinfección dos baños.

Características do Limpador desinfectante antibacterias

As principais características deste limpador multiúsos son as seguintes:

  • Non contén lixivia.
  • Elimina o 99 % das bacterias e fungos.
  • Deixa un perfume agradable e duradeiro.
  • Ao non conter lixivia pódese empregar sobre calquera superficie do fogar, ata nas máis delicadas: mesados, sanitarios, azulexos, portas, mobles…
  • Pode utilizarse para a desinfección de xoguetes, sempre e cando se aclaren con abundante auga.

Como se utiliza o Limpador desinfectante antibacterias?

En canto ás formas de utilización hai que distinguir entre a botella e o spray.

Limpador desinfectante en botella

Neste caso distínguense dous tipos de uso:

  • Uso diluído: Para limpeza. Dilúe 2 tapóns en 5 litros de auga e aplica.
  • Uso directo: Para desinfección. Aplica directamente sobre un pano limpo e húmido e frega sobre a superficie que se quere desinfectar. Deixa actuar 15 minutos e aclara con auga.

En ambos os dous usos, hai que aclarar con abundante auga en caso de aplicalo en superficies en contacto con xoguetes, nenos ou mascotas.

Limpador desinfectante en spray

  • Pulveriza o produto directamente sen diluír sobre a superficie que hai que limpar. Deixar actuar 15 minutos. Aclara cun pano limpo e húmido. Seca para obter máis brillo.

A aplicación do produto débese levar a cabo en ausencia de alimentos. Deberán aclararse con auga potable as superficies tratadas antes da manipulación dos alimentos.

Otras recomendaciones

Sabes como desinfectar a roupa na lavadora? Existen produtos específicos que eliminan bacterias e malos olores, como o Desinfectante Téxtil, que ademais deixa un olor moi agradable nas túas prendas.

Tamén che recomendamos o Desinfectante de Froita e Verdura para eliminar sucidade, bacterias ou residuos químicos prexudiciais para o organismo. Descúbreo!.