Coñece os tipos de tomate en conserva que podes encontrar en Mercadona e unhas suxestións de receitas con eles.

Tomate en conserva, sempre na túa despensa

09 de septembro de 2024

O tomate en conserva de Mercadona é un dos alimentos máis prácticos e versátiles na cociña. Ten unha ampla variedade de usos: emprégase para elaborar diferentes pratos e salsas, e tamén serve como gornición en moitas receitas. Ofrecémosche distintos tipos de tomate en conserva: triturado, enteiro pelado, en anacos, dobre concentrado... para que escollas o que máis che guste.

Ademais, ao estaren envasados, estes produtos son fáciles de almacenar na túa despensa, listos para seren utilizados en calquera momento.

Que tipos de Tomate en conserva podes encontrar en Mercadona?

Tomate enteiro pelado

Tomate en conserva Mercadona.

Se queres engadirlle frescura aos teus pratos, o tomate enteiro pelado é unha opción práctica e versátil que non pode faltar na túa cociña. Estes tomates, coidadosamente seleccionados, foron pelados e enlatados para preservar o seu sabor e textura naturais. Cada lata contén tomates enteiros de tamaño mediano, sen pel, que os fai ideais para unha gran variedade de receitas.

Receita recomendada: Moje con tomate enteiro, ovo cocido, olivas negras, cebola tenra e atún ao natural. A ensalada perfecta para os días de verán!

Tomate dobre concentrado

Tomate en conserva Mercadona.

O seu uso máis habitual é o de aderezo en rustridos e salsas, xa que intensifica tanto o sabor como a cor das comidas. Se engades unha cullerada deste tomate ás túas salsas, guisos ou rustridos notarás como potencia ao máximo o seu sabor. A súa versatilidade permíteche incorporalo nunha ampla gama de receitas.

Receita recomendada: Tortiglioni con salsa cremosa de tomate concentrado. Simplemente refoga unha pouca cebola, engade o tomate concentrado, incorpora nata para cociñar e mestura coa pasta cocida. Para terminar, esparexe grana padano relado e un pouco perexil. Goza dun sabor incomparable!

Tomate triturado

Tomate en conserva Mercadona.

Aproveita o sabor natural do noso tomate triturado para darlle un toque delicioso ás túas receitas favoritas. É perfecto para usar como base en salsas, guisos, sopas e moitos outros pratos.

Receita recomendada: proba estes Ñoquis con tomate natural. Primeiro, refoga unha pouca cebola doce e allo cunhas follas de alfábega e co tomate triturado. Incorpora os ñoquis cocidos, uns anaquiños de mozzarella e grana padano relado. Colócao todo nunha fonte e méteo no forno. Nuns 10 minutos, gozarás dunha pasta gratinada exquisita.

Tomate pelado cortado en anacos

Tomate en conserva Mercadona.

Se o que queres é aforrar tempo e esforzo na cociña, suxerímosche este tomate pelado e cortado en anacos, xa listo para usar. Perfecto para as túas salsas de pasta e pizza, guisos e rustridos, este produto achega sabor e nutrición ás túas receitas.

Receita recomendada: aprende a preparar unha tixolada de ovos. Refoga unha cebola picada, engade o tomate en anacos e cociña durante 10 minutos. Logo, engade os ovos sobre o tomate e deixa que se cociñen un pouco máis. Termina con ceboliño picado e goza deste prato estrela con tomate cortado en anacos.

Tomate barutado

Tomate en conserva Mercadona.

Se buscas unha textura máis densa, aquí tes este tomate natural pelado, triturado e pasado despois por un baruto. Con isto conséguese un tomate máis espeso que se utiliza frecuentemente como alternativa natural ao tomate frito. Utilízao como base de pizza, salsa para pasta ou como gornición de calquera carne ou peixe.

Receita recomendada: propoñémosche esta receita de albóndegas en salsa de tomate. Corta a cebola á xuliana e refógaa nun cazo cun pouco aceite. Engade o tomate barutado, un chisco de sal e unha culleradiña de azucre. Cociña a lume lento durante 10 minutos. Mentres, noutra tixola, frite lixeiramente as albóndegas enfariñadas. Coloca as albóndegas nunha pota, bota a salsa de tomate e cociña durante outros 10 minutos. Unhas impresionantes albóndegas, ricas e con sabor caseiro!

Tomate seco

Tomate en conserva Mercadona.

A túa elección é o tomate seco? É un ingrediente versátil e cheo de inconfundible sabor que outorga personalidade ás túas receitas. Este produto é moi común na cociña mediterránea, unha excelente alternativa ao tomate fresco. Permite unha ampla versatilidade de consumo, é ideal para preparar salsas, ensaladas, gornicións e incluso patés. E garánteche uns excelentes resultados á hora de servilo na mesa. Ademais, é un produto apto para veganos.

Receita recomendada: descubre esta receita de Sobrasada vegana e outras preparacións con este saboroso ingrediente.

Tomate para untar

Tomate en conserva Mercadona.

Gustaríache darlles un xiro delicioso aos teus aperitivos? Proba o noso tomate natural con aceite de oliva. Aínda que tamén se usa para cociñar, está pensado para untalo directamente sobre o pan.

Un produto dispoñible nas tendas da península e Baleares. Non o ofrecemos en Canarias.

Receita recomendada: imaxina unhas tostas irresistibles. Só tes que torrar unhas rebandas de pan, estender xenerosamente o noso tomate para untar por enriba, e engadir uns liscos de mozzarella, unha sardiña afumada e unhas follas frescas de eiruga. Unha combinación perfecta que che ofrece un bocado irresistible! Atréveste a probalo?

Proceso de elaboración

  • Recollida no campo.
  • Lavado.
  • Enlatado.

Tras a recollida, os tomates chegan á fábrica, onde se lavan e se separan os que se utilizarán para o tomate enteiro, dos que se cortan en anacos e dos que se van triturar. Desta maneira, garantimos a calidade óptima que require cada un dos nosos tomates. Despois, sélanse para que conserven todas as súas propiedades naturais ata o momento do consumo.

Tomate en conserva Mercadona.

Tomate en conserva Mercadona.

Outras recomendacións

Suxerímosche 3 receitas con tomate receita artesá, con sabor clásico e natural.

Ten sempre verduras conxeladas á man, para poder combinalas e facer rustridos cos nosos tomates en conserva.

Se es amante dos sabores tradicionais, tes que coñecer os nosos tomates Anhel, dunha gran calidade, intensidade e baixa acidez.