Descubre todas as posibilidades da soia texturada. 6 receitas deliciosas

Soia texturada, descubre todas as súas posibilidades!

30 de xuño de 2020

Probaches a soia texturada? É unha fonte de proteínas que vale a pena saborear se aínda no o fixeches.

Adoita tomarse como substituta da carne picada, así que ofrece moitas posibilidades para utilizala en diferentes pratos: fajitas, tacos, burritos, pasta con boloñesa, lasaña, canelóns, empanadas, berenxenas recheas e incluso hamburguesas e albóndegas.

Características da soia texturada

A soia texturada destaca polas seguintes características:

  • Ten un sabor suave.
  • É unha rica fonte de fibra e de proteínas.
  • Non se trata dun produto exclusivo para dietas vexetarianas / veganas, senón que vai dirixido a todo tipo de público, xa que é unha forma diferente de consumir os teus pratos favoritos.

Instrucións antes de cociñala

Modo de uso: antes de elaborar o prato, cubre con auga durante 20 minutos para que se hidrate. Posteriormente, podemos empezar a cociñala.

Ideas de receitas con soia texturada

A soia texturada é un alimento fácil de cociñar e moi versátil, que podemos gozar nunha gran cantidade de receitas, veganas e de todo tipo. Detallámosche os pasos que hai que seguir, toma nota!

Texto 1 Imagen Soja texturizada

Ñoquis con verduras e soia

1. Coce 500 g de ñoquis segundo as indicacións do fabricante sen aceite e sen arrefriar baixo a auga.

2. Refoga cun pouco aceite e sal 200 g de cabaciña, tomate seco segundo nos guste, 200 g de cogomelos e 2 dentes de allo.

3. Mestura ao lume durante 2 minutos con 200 g de soia texturada hidratada, 100 g de olivas sen óso, 100 g de espinacas e 20 g de cecimbre.

4. Mestura segundo o gusto coa pasta e esparexe por enriba queixo.

Texto 2 Imagen Soja texturizada

Burrito con soia texturada

1. Refoga 200 g de cebola morada, 100 g de pemento vermello e 100 g de pemento verde cun pouco aceite e sal.

2. Mestura ao lume durante 2 minutos con 200 g de soia texturada e 200 g de feixóns vermellos.

3. Mestura en frío co comiño, 3 pementos semipicantes, o coandro, 100 g de millo e 95 g de guacamole. Adereza cun chorriño de lima.

4. Enche os burritos.

Texto 3 Imagen Soja texturizada

Berenxenas recheas de soia e pementos

1. Parte pola metade, asa ao forno e baleira a polpa de 3 o 4 berenxenas.

2. Refoga cun pouco aceite e sal 40 g de piñóns fritos, 50 g de apio, 100 g de cebola vermella, 100 g de pemento vermello, 100 g de verde e 100 g de amarelo.

3. Mestura ao lume durante 2 minutos coa polpa das berenxenas, 200 g de soia texturada hidratada, 100 g de tomate frito, 100 g de olivas verdes e negras e 20 g de alcaparras.

4. Encher cada unha das metades da berenxena coa mestura.

Texto 4 Imagen Soja texturizada

Albóndegas de soia texturada

1. Refoga cun pouco aceite 150 g de cebola, 2 dentes de allo e un pouco perexil. Engade 500 g de soia texturada hidratada.

2. Tritura ata que quede como unha pasta.

3. Fai bóliñas coa mestura e pasa por fariña.

4. Fríteas en aceite.

5. Sirveas acompañadas da salsa de queixo. Para preparala: quenta 300 ml de leite xunto con 350 g de queixo relado, ata que este se dilúa e quede tipo crema. Para conseguir unha salsa máis lixeira, engade máis leite.

Texto 5 Imagen Soja texturizada

Espaguetes con boloñesa de soia

1. Coce 250 g de espaguetes segundo as indicacións do fabricante, sen aceite e sen arrefriar baixo a auga.

2. Refoga o apio, 200 g de cenoria e 200 g de cebola con pouco sal.

3. Mestura con 200 g de soia texturada hidratada e 600 g de tomate frito durante 2 minutos.

4. Mestura coa pasta segundo o gusto e esparexe por enriba queixo.

Texto 6 Imagen Soja texturizada

Macarróns con soia, millo e chícharos

1. Coce 250 g de macarróns segundo as indicacións do fabricante sen aceite e sen arrefriar baixo a auga.

2. Refoga cun pouco aceite e sal 100 g de cebola, 100 g de cenoria, 250 g de tomate pera picado e a pementa negra.

3. Mestura ao lume durante 2 minutos con 200 g de soia texturada hidratada, 100 g de chícharos, 100 g de millo e 20 g de alfábega.

4. Mestura ao gusto coa pasta e esparexe por enriba queixo.

Outras recomendacións

Se che interesan os produtos ricos en proteínas, proba os +Proteínas Hacendado, unha gama de sobremesas de exquisito sabor e textura.