Descubre a nosa selección de sobremesas de Nadal e elixe as túas favoritas. Nunca fallan.

Sobremesas de Nadal, ti elixes!

02 de decembro de 2022

Volve o Nadal coas súas sobremesas tradicionais. Ofrecémosche unha ampla variedade para que este momento culminante das comidas e ceas sexa realmente especial e estea sempre ao teu gusto e ao dos teus invitados.

Que Sobremesas de Nadal podo encontrar en Mercadona?

Tronco de Nadal

Tronco de Navidad Mercadona

Composición:

  • Interior: zumarento biscoito de vainilla enrolado con recheo de trufa.
  • O produto vai bañado con cobertura negra raiada en forma de codia de árbore e decorado con bóliñas vermellas de cereal crocante con chocolate, flocos brancos de azucre e arboriñas verdes de azucre. Ademais, conta cun bastón de chocolate en cores vermellas e brancas moi infantil e típico na época do Nadal.

Desconxelación aproximada antes do consumo:

  • 4 horas na neveira
  • 2 horas e 30 minutos a temperatura ambiente
  • Non se pode volver conxelar unha vez desconxelado.

Postre Chocolate Caramelo Mercadona

Sobremesa Chocolate Caramelo

Unha sobremesa con tres capas de texturas diferentes: unha capa de caramelo, unha de chocolate e unha base de galleta.

Sobremesa Triplo Chocolate

Unha sobremesa con tres capas de texturas diferentes, con intenso sabor a chocolate.

Volcán de Chocolate

Biscoito zumarento de chocolate, con recheo de chocolate líquido.
Modo de consumo: sácao da bolsa de plástico, retira o papel e introdúceo no microondas 20 segundos a máxima potencia. Pódese servir con xeado.

Cremas para acompañar as túas sobremesas

Cremas para acompañar a tus postres Mercadona

Se buscas un bo acompañante para as túas sobremesas doces, as nosas cremas vanlles xenial. Aquí tes tres deliciosas opcións para que os máis larpeiros as gocen nos momentos máis especiais.

Crema de Turrón

  • Crema de licor doce e suave.
  • Débese servir moi fría ou con xeo.
  • Non se debe combinar con bebidas cítricas nin con produtos ácidos.

Crema Amorodo

  • Crema de licor afroitada e suave.
  • Débese servir moi fría ou con xeo.
  • Non se debe mesturar con outras bebidas.

Irish Cream

  • Licor feito a base de mestura de whisky irlandés e crema de leite.
  • Sabor moi marcado.
  • Débese servir moi fría ou con xeo.

Outras recomendacións

Tampouco poden faltar á súa cita os nosos turróns e bombóns, Doces de Nadal irresistibles.

Anímaste a preparar uns cócteles gourmet? Aprende a preparar algunha das receitas que che propoñemos e sorprende aos teus invitados.