Descubre as variedades de Bombóns de Mercadona

O Nadal máis delicioso cos Bombóns de Mercadona

19 de decembro de 2017

Este Nadal tes unha diversa e deliciosa variedade de Bombóns en Mercadona, ideais para compartires os momentos máis doces destas festas cos amigos e familiares.

Encontrarás bombóns para todos os gustos, para que ninguén quede sen gozar dun delicioso antollo. Este ano ofrecémosche unha coidada selección de bombóns, comezando polos clásicos Bombóns Senzza, os inigualables Bombóns Mondose, as irresistibles Delicias de Abelá e os Chocolates Recheos Variados “Cadbury Milk Tray”, con 10 sabores diferentes.

Variedade de Bombóns Senzza, o sabor clásico do Nadal

A variedade de Bombóns Senzza de Mercadona gañou un oco na mesa de todas as familias durante os festexos do Nadal.

O seu sabor inesquecible pódese gozar en 4 versións diferentes de bombón:

  • Cremosa Abelá: Chocolate puro a envolver unha deliciosa pasta de abelá e un final trufado de leite.
  • Fondant Noir: Bombón de chocolate negro fondant a acompañar o bocado cun cremoso recheo de trufa.
  • Doce Praliné: Bombón de suave chocolate con leite, con praliné de améndoa e abelá e mais trufado de leite.
  • Améndoa Selección: Bombón de chocolate con leite moi fino, recheo de trufado de leite e unha característica pasta de améndoa torrada.

Os Bombóns Senzza de Mercadona levan o seu propio envoltorio, perfecto para utilizares como elemento decorativo da mesa ou para encher a nosa caixa para bombóns.

Para alén diso, ningunha das variedades de Bombóns Senzza contén glute, sendo por tanto aptos para persoas celíacas.

Bombóns Mondose, de exclusiva en Mercadona

Escolle a selección de Bombóns Mondose, de venda exclusiva en Mercadona.

Os Bombóns Mondose están dispoñibles nunha elegante caixa, que garda no seu interior 16 deliciosas creacións, con 8 variedades de recheos diferentes:

  • Branco mousse de vainilla
  • Caramelo
  • Crema de ganache con framboesa
  • Crema ganache de chocolate negro
  • Ganache de cacao intenso
  • Ganache de chocolate con leite
  • Negro praliné de abelás
  • Praliné de abelás con corazón crocante de abelá

A orixinal presentación da variedade de Bombóns Mondose faina especialmente recomendable para agasallares e compartires cos amigos e familiares.

Delicias de abelá, con novo estoxo e mais bandexa

As Delicias de Abelá de Mercadona ofrecen unha experiencia sublime que non debes deixar de gozar neste Nadal. Descubre o delicioso chocolate que envolve un crocante barquillo e chega ao sorprendente recheo do seu interior formado con crema e abelás, un auténtico pracer para os teus sentidos.

Este Nadal, ademais, as Delicias de Abelá de Mercadona veñen presentadas nun estoxo moi elegante e mais nunha práctica bandexa, que podes deixar na mesa para os teus convidados desfrutaren deles.

Chocolates Recheos Variedade “Cadbury Milk Tray”

Se quixeres ofrecer uns Bombóns de Mercadona para todos os gustos, escolle os Chocolates Recheos Variedade “Cadbury Milk Tray”, que se presentan nunha caixa con bombóns de chocolate con leite acompañados de 10 sabores diferentes. Ideais para os gustos máis esixentes.

  • Hazelnut Swirl: Cun corazón de abelá enteira torrada.
  • Surprise parcel: Recheo cremoso de chocolate branco.
  • Apple Crunch: Con cremoso recheo de chocolate branco, sabor a mazá e anacos crocantes de azucre con sabor a canela.
  • Orange truffle: Cremoso recheo sabor a laranxa.
  • Salted Caramel Charm: Recheo de caramelo e decorado con chocolate branco.
  • Truffle Heart: Cremoso recheo de cacao.
  • Fudge Duet: Con decoración de chocolate branco e recheo de caramelo brando sabor a vainilla
  • Caramel Softy: Recheo con caramelo.
  • Perfect Praline: Con recheo de praliné de abelá e anacos de abelá torrada.
  • Strawberry Temptation: Cremoso recheo sabor a amorodo.

Este Nadal escolle a túa variedade de Bombóns de Mercadona preferido e deixa os teus convidados abraiados cun delicioso antollo de chocolate, con sabores para todos os gustos.

Outras recomendacións

Se quixeres deixar os teus convidados abraiados cunha sobremesa orixinal, escolle a Torta Sen Glute de améndoa con caramelo e cacahuetes, unha doce e deliciosa combinación apta para as persoas celíacas.

Para combateres o frío tes o inigualable sabor do Novo chocolate á taza de Mercadona, listo para quentares e tomares en calquera momento do día.