Presentámosche a nosa variada selección de bombóns.

Variedade de bombóns de Mercadona

29 de septembro de 2023

Xa coñeces a nosa ampla selección de bombóns? Son perfectos para compartir cos teus seres queridos e para eses momentos especiais de auténtico pracer doce.

Se botas unha ollada á nosa coidada selección, encontrarás bombóns para todos os gustos. Ofrecémosche unha gran gama de opcións que inclúe novidades para descubrir e bombóns clásicos que nunca pasan de moda. Ten un capricho!

Novidades na nosa selección de Bombóns

Surtido de Bombones de Mercadona: Choco Orange y Senzza Capuccino

  • Choco Orange: rodas de laranxa confeitada bañada con chocolate negro, unha combinación gañadora que non deixa a ninguén indiferente, o equilibrio perfecto entre o sabor cítrico e a intensidade do chocolate.
  • Senzza Capuccino: a nova selección de 3 tipos de bombóns Senzza co incomparable sabor a Capuccino: Orixinal, Caramelo e Abelá. 3 deliciosas variedades que non podes perder!

Bombóns clásicos

Bombones clásicos de Mercadona: Delizze, Cocolizze y Senzza

  • Delizze: esferas de crocante barquillo con recheo dunha deliciosa crema de abelás e cacao. Contan cunha abelá enteira no seu interior e están recubertas de chocolate con leite e anaquiños de abelá. Ademais, a propia caixa serve como bandexa
  • Cocolizze: esferas de crocante barquillo con recheo de crema con améndoa enteira no seu interior, bañadas de coco relado. Tamén hai que destacar a súa práctica caixa, que serve como bandexa de degustación para os teus invitados.
  • Senzza: contén catro sabores diferentes: Abelá, Fondant, Praliné e Améndoa.
    • Abelá: chocolate puro cun exquisito recheo de pasta de abelá co mellor sabor do trufado de leite.
    • Fondant: bombón de chocolate negro fondant cun cremoso recheo de deliciosa trufa.
    • Leite Praliné: bombón de suave chocolate con leite con recheo dun praliné de améndoa e abelá.
    • Améndoa: bombón de chocolate con leite con recheo dun trufado de leite e deliciosa pasta de améndoa tostada.

Bombóns de sabores especiais

Bombones de sabores especiales Mercadona: Royal Mints, Licor cereza y Senzza Negro

  • Royal Mints: barriñas de chocolate negro Royal Mints con recheo de crema sabor a menta. O chocolate negro combínase á perfección coa frescura da menta en cada bocado. Ponlle un toque elegante e sofisticado aos teus momentos doces!
  • Licor cereixa: bombóns de chocolate negro con cereixa e licor. O zume da cereixa e a forza do licor fusiónanse coa intensidade do chocolate negro.
  • Senzza Negro: selección de 3 tipos de bombóns de chocolate negro 70 %: con recheo de trufa, con anacos de laranxa e con anacos de améndoa.

Bombóns variedade

Bombones variedad de Mercadona: La Boutique y Héroes

  • La Boutique: selección de 20 bombóns con 9 variedades diferentes, de chocolate negro, branco, con recheo, de caramelo, etc. Unha experiencia gourmet para todos os padais.
  • Heroes: caixa variada con miniaturas de barriñas de chocolate Cadbury moi recoñecidas como Dairy Milk, Dairy Milk Caramel e Creme Egg.

Outras recomendacións

Prepara doces receitas co noso Impulsor, que tal unhas cookies?

Coñeces todas as posibilidades das nosas Xelatinas? Suxerímosche 3 receitas deliciosas.

Probaches a mousse de limón? Riquísima e ademais sen glute.