As nosas latas de conserva ao natural, de polo, de atún e salmón, constitúen a alternativa máis fácil, rápida e saudable para as túas comidas e ceas estivais. Lixeiras e frescas, ao ser “ao natural” son perfectas para consumir a cantidade de proteína que necesitas.
Ademais, con elas podes preparar case todo tipo de pratos, máis ou menos elaborados: ensaladas, pratos de pasta, tortillas, tostas, empanadas, sándwichs, bocadillos, tartar, etc. Apetéceche coñecer as nosas suxestións?
Receitas con Latas de conserva ao natural
Atún ao natural
Un clásico dentro do mundo das conservas! O sabor favorito de moita xente, verdade que a ti tamén che gusta? Este atún ao natural elabórase exclusivamente con lombos de atún claro, engadindo só auga e sal, o que permite manter as súas grandes propiedades nutricionais. É un produto con baixo contido en graxa saturada e unha grande achega de Omega 3.
Con este alimento podes preparar un montón de receitas. Toma nota das nosas ideas de cociña fácil con atún en conserva ao natural.
Polo ao natural
Outro alimento versátil onde os haxa, que funciona de marabilla nunha gran cantidade de receitas. Elabórase só con peituga de polo. O proceso de enlatado realízase en cru engadindo unicamente auga e sal, para conservar todos os atributos nutricionais da carne de polo. É un produto rico en proteínas e baixo en graxas.
Necesitas unhas ideas para cociñar con latas de conserva de polo ao natural? Verás que resultados tan deliciosos!
Salmón ao natural
De novo un produto con alto contido en proteínas, indicado para as persoas ás que lles gusta coidarse. O seu único ingrediente é o salmón, ao que se engadiu auga e sal, con todas as súas características nutricionais intactas.
Con este produto podes improvisar unha cea rápida e apetitosa nun momento. Queres coñecer as nosas suxestións de consumo?
Outras recomendacións
Se che gusta coidarte, descubre todas as posibilidades da soia texturizada.