Benvido ao mundo dos bombóns Delizze, onde cada bocado é unha explosión de sabor. Apaixónannos os bombóns e cremos que poden converter momentos sinxelos en ocasións especiais.
Invitámoste a probar o noso Biscoito Delizze, coa combinación perfecta de texturas e sabores, e a nosa deliciosa Mousse Delizze, que é unha sobremesa clásica e sempre benvida.
Tanto se planeas unha cea romántica para dous coma unha festa con amigos, estas receitas son ideais. E quen sabe, incluso poden ser un bo regalo para eses días de celebración. Cremos que un pouco chocolate pode facer que calquera momento sexa aínda máis único, e estamos desexando compartir esa experiencia contigo.
Aquí tes paso a paso como facer algunhas receitas inesquecibles.
Rolo de biscoito con Delizze
10 persoas | 30 min
Ingredientes
- 4 ovos
- 100 g de fariña
- 120 g de azucre
- 4 culleradas de cacao en po
- 50 ml de leite
- ½ culleradiña de aroma de vainilla
- 3 culleradas de crema de abelás
- 8 bombóns Delizze
- azucre glas para esparexer
Preparación
- Separa as xemas das claras
- Pon nun cunco as xemas, a fariña, o azucre, o cacao, o leite e a vainilla e bate ben durante 5 minutos. Engade as claras batidas e mestura con coidado.
- Bota a masa nun molde rectangular de 20x30 cm e coce no forno quentado previamente a 200 ºC durante uns 10 minutos (confirma que a masa está cocida coa proba do escarvadentes).
- Desenmolda o pastel sobre un pano con azucre esparexido. Estende a crema de abelás por toda a superficie e coloca os bombóns Delizze aliñados nun dos bordos máis longos do rectángulo. Enrola ben a torta e pásaa a unha táboa.
- Esparexe con azucre glas e decora segundo vos guste.
Mousse de Delizze
6 persoas | 20 min
Ingredientes
Para a base:
- 200 g de galletas Digestive
- 60 g de abelás tostadas
- 50 g de manteiga
Para a mousse:
- 400 g de nata
- 200 g de crema de abelás
- 2 gotas de aroma de vainilla
- 10 bombóns Delizze
Para a cobertura:
- 100 g de nata
- 120 g de anaquiños de chocolate
- 6 bombóns Delizze para decorar
Preparación
- Para a base, pon as galletas e as abelás nunha picadora e tritúraas. Engade a manteiga a temperatura ambiente e tritura un pouco máis. Reparte a mestura en 6 vasos ou cuncos.
- Para a mousse, mestura 100 g de nata coa crema de abelás e o aroma de vainilla. Monta o resto da nata nun cunco á parte ata que estea firme. Incorpóraa con coidado á mestura anterior. Engade os bombóns Delizze cortados en anacos e remove. Reparte en vasos ou cuncos sobre a base de galleta.
- Para a cobertura, quenta a nata nun cazo ou no microondas ata que alcance o punto de ebulición. Engade as pebidas de chocolate, deixa repousar 3 minutos e mestura ben. Coloca en copas ou cuncos sobre a mousse de abelás e decora cada un cun bombón Delizze. Méteo no frigorífico e sírveo frío.
Outras recomendacións
Coñece a nosa ampla selección de bombóns, atréveste a facer unha receita con algúns deles?
Toma nota desta Receita con cocolizze e sorprende cunha sobremesa para amantes do coco.