Aprende a preparar esta receita de Torta de limón e inclúea no teu menú de Nadal.

Receita de Torta de limón para este Nadal

26 de outubro de 2023

A Torta de limón ou Lemon pie é unha sobremesa en formato torta que nunca pasa de moda. Este clásico, doce e refrescante, é unha excelente opción para culminar as túas comidas ou ceas de Nadal.

Nesta receita, a acidez e frescura do limón ten o seu contrapunto na suavidade da crema. Todo iso sobre unha base de masa quebrada que se desfai na boca. A presentación cun toque de merengue dourado acentúa o seu carácter festivo á vez que elegante. Deixa abraiados aos teus invitados!

Sigue o paso a paso da nosa Receita de Torta de limón

Ingredientes

  • 400 ml de auga.
  • 60 g de fariña fina de millo.
  • 60 g de manteiga.
  • 3 limóns.
  • 4 ovos.
  • 420 g de azucre.
  • 1 masa quebrada-brisa.

Paso a paso

1. Coloca nun molde para tortas unha base de masa quebrada, seguindo as instrucións do fabricante. Méteo no forno e reserva.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

2. Nun cazo, mestura 220 g de azucre coa fariña fina de millo. Engade a auga e bate moi ben ata que a fariña se disolva. Quenta sen que chegue a ferver. Reserva.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

3. Bate as xemas nun cunco e, sobre estas, verte moi amodo a mestura anterior, sen deixar de bater.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

4. Volve colocar no cazo a mestura resultante.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

5. Pon o cazo no lume, sen parar de remover ata que empece a ferver e teña consistencia de crema. Retira do lume.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

6. Engade o zume dos limóns e, sen deixar de bater, engade a manteiga en anaquiños, un por un, procurando que quede ben integrado o anterior antes de engadir o seguinte.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

7. Verte a crema de limón sobre a base de masa quebrada xa enfornada. Tapa con filme transparente para que non cree codia. Deixa arrefriar a temperatura ambiente.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

8. Nun cunco, coloca as claras e, con axuda dunhas variñas, empeza a montalas. Engade outros 200 g de azucre pouco a pouco, procurando que se integre por completo.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

9. Cubre a torta co merengue e dóurao cun soprete de repostería ou méteo no forno ata que colla cor.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

Receta de Tarta de limón para estas Navidades.

Consello do xefe de cociña: monta as claras para facer o merengue e dóurao pouco tempo antes de servilo na mesa, dese xeito manterá a súa firmeza.

Outras recomendacións

Nestas festas, podes lucirte con outras sobremesas doces, como estas receitas feitas con Bombóns Cocolizze.

Se buscas un prato principal completo para os teus menús de Nadal, proba con esta receita de Faceiras ao porto.

Consigue un aroma fresco e agradable para o teu fogar coas nosas Variñas difusoras.