Queres darlle á túa casa un aroma fresco e agradable? Descubre as nosas variñas difusoras, a forma máis natural de ambientar a túa casa, con diferentes fragrancias para elixir.
Perfumes intensos e duradeiros. Ademais, son ideais como elemento decorativo para calquera espazo do teu fogar: entrada da casa, cuartos de baño, salóns...
Melloras na nosa familia de ambientadores de variñas
Melloramos a calidade dos ambientadores de variñas, agora cunha maior durabilidade do perfume. Ademais, cambiamos o deseño, de plástico opaco a vidro transparente. Con isto, non só reducimos un 65 % de plástico, senón que tamén permite ver cando se termina o produto.
As variñas podémolas separar facilmente e engadir tantas como queiramos. A maior número de variñas, maior intensidade do perfume. Ademais, o seu novo deseño en vidro faino ideal para decorar calquera recuncho do fogar.
En definitiva, agora os ambientadores de variñas difusoras caracterízanse por:
- Maior duración do perfume.
- Novo contedor de cristal que permite comprobar cando se acaba o produto.
- Aforro dun 65 % de plástico.
- Deseño máis atractivo.
Catro fragrancias para elixir nos nosos ambientadores de variñas difusoras
Jasmine, con notas olfactivas a xasmín.
Framboesa, con notas olfactivas a framboesas.
Bambú, con notas olfactivas cítricas e té verde.
Coñeces a nova fragrancia Froita Tropical?
Se queres que a túa casa ula a verán, proba a fragrancia de Froita Tropical, a novidade da nosa familia de ambientadores.
Moi fresca e vital, con notas olfactivas a froitas tropicais, piña, flor de Tiaré. Destaca polo seu agradable aroma a froita como o coco, a piña, a flor de hibisco ou a papaia, que se asocia facilmente coa devandita estación do ano.
Modo de uso dos ambientadores en variñas difusoras
- Desenrosca o tapón negro xirándoo no sentido contrario das agullas do reloxo.
- Introduce tantas variñas como intensidade desexes no recipiente, en forma de abano.
- Ao cabo dunha hora as variñas absorben o perfume e difúndeno no ambiente.
Outras recomendacións
Se o que buscas é darlle un extra de perfume á túa roupa, utiliza o noso Perfumador intensificador de fragrancia.