Traémosche unha receita lixeira e moi fácil de preparar, unha suculenta Quiche de salmón con gambas, cebola, ovos e espárragos.
Perfecta para integrala no teu plan de alimentación e gozar, á vez, do pracer de comer. Está riquísima!
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Quiche de salmón
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 masa crebada
- 2 latas de salmón ao natural
- 160 g de gambas conxeladas
- 80 g de cebola
- 80 g de espárragos verdes finos
- 200 ml de nata para cociñar
- 2 ovos campeiros
- Sal
- Pementa negra
- Aceite de oliva virxe
Paso a paso:
1. Forra un molde de 22-24 cm coa masa. Recorta o papel de forno sobrante.
2. Pica cun garfo toda a superficie para evitar a aparición de burbullas e mete a masa no forno quentado previamente a 200 ºC durante 5 minutos.
3. Nunha tixola cun pouco aceite, refoga a cebola picada e os espárragos cortados en anacos. Reserva.
4. Refoga as gambas nunha tixola cun pouco aceite ata que perdan a auga sobrante.
5. Bate os ovos nun recipiente. Engade a nata, o sal, a pementa, os espárragos coa cebola, as gambas e o salmón ao natural. Mestura.
6. Unha vez todo mesturado, verte no molde repartíndoo en toda a súa superficie de maneira homoxénea.
7. Métea no forno 20 minutos a 180 ºC, ata que estea lixeiramente torrada e sirve.
Outras recomendacións
Queres aprender a cociñar outras receitas con salmón ao natural?