A pava, coa súa carne tenra e o seu sabor delicado, é unha das opcións más populares das celebración de Nadal. Presentámosche un prato gourmet, que, aínda que pode parecer sacado dun restaurante de alta cociña, é moi fácil de cociñar.
O resultado final é un auténtico festín que entusiasmará aos teus invitados. Así que ata o mandil e sigue as nosas indicacións para gozar desta experiencia gastronómica.
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Pava ao forno con cremoso de pataca, cogomelos e tomiño
Ingredientes
- 1 pava. Dispoñible na Campaña de Nadal.
- 1 kg de patacas.
- 1 laranxa.
- 1 limón.
- 3 dentes de allo.
- Abelás tostadas.
- Manteiga.
- 250 g de refogado de cogomelos.
- Aceite de oliva.
- Sal.
- Pementa negra.
- Tomiño.
Paso a paso
1. Elabora unha salsa con 200 g de manteiga, o zume dunha laranxa e a súa reladura. Unta a pava coa salsa.
2. Asa a pava como mínimo unha hora e media a 180 ºC, dándolle a volta.
3. Pela e coce as patacas. Unha vez cocidas, pásaas polo pasador de puré –ou tritura cun garfo– cunha pouca manteiga, sal e pementa. Rela unha pouca codia de limón.
4. Refoga os cogomelos con allo picado e tomiño. Agrega ao puré de pataca. Mestura todo ben ata obter un cremoso.
5. Sirve a pava acompañada do cremoso de cogomelos esparexendo as abelás picadas por enriba.
Consello do xefe de cociña: durante o seu asado, a pava debe estar sempre hidratada co seu propio zume ou, se é necesario, cunha pouca auga.
Outras recomendacións
Outra boa opción para un menú de Nadal de carne pode ser esta Receita de Solombo ibérico ao cacao.
Para crear o mellor ambiente, suxerímosche as nosas Candeas perfumadas en vaso de cristal.