O gazpacho é sempre unha elección perfecta para os meses calorosos. Esta sinxela receita de Gazpacho de Sandía, elaborada con sandía, pemento vermello, tomate, cubiños de limón e xenxibre, e aceite de cecimbre, é apetecible a calquera hora do día e fará as delicias da túa familia ou dos teus amigos.
Refresca as túas comidas do verán con este delicioso prato que podes elaborar coas sandías que encontrarás na Froitería de Mercadona.
Sigue o vídeo da receita de Gazpacho de Sandía con cubiños de limón e xenxibre:
Ingredientes para 4 persoas:
- Media sandía
- Pemento vermello
- Tomates de pera
- Xenxibre
- Limón espremido
- Auga
- Aceite de oliva virxe extra
- Cecimbre
- Sal
Paso a paso:
Esta receita é moi sinxela de preparar. Se queres seguir o proceso paso a paso, aquí tes a elaboración completa dun exquisito Gazpacho de Sandía con cubiños de limón e xenxibre. Verás que saboroso e refrescante!
Para os cubiños:
Primeiro facemos os cubiños. Engadir o limón e o xenxibre relado á auga e conxelar.
Para o gazpacho:
1. Cortar a sandía en tacos e reservar.
2. Cortar o pemento en tiras e en anaquiños, e reservar.
3. Pelar e cortar os tomates.
4. Poñer os tacos de sandía no vaso do batedor.
5. Incorporar os tomates e o pemento en tiras.
6. Engadir sal, unhas gotas de limón espremido e triturar.
Para o aceite de cecimbre:
1. Escaldar o cecimbre durante 15 segundos.
2. Mesturar o aceite co cecimbre escaldado.
3. Emulsionar co batedor.
4. Coar.
Para a presentación:
1. Servir o gazpacho nunha cunca.
2. Incorporar os cubiños de limón e xenxibre.
3. Engadir o aceite de cecimbre e os anaquiños de pemento. Decorar cunha folliña de cecimbre.
Mercadona apoia a campaña "Froita e Verdura de aquí e de agora" do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) que recomenda o consumo de froita e verdura de maneira regular.
Outras recomendacións
Se es máis de melón ou che apetece variar, proba a nosa receita de Gazpacho de Melón con Cecimbre e Limón, tan refrescante, exquisita e fácil de preparar coma esta.
Para rematar esa comida ou cea tan fresquiña, que tal uns Xeados de Mercadona? Estas son as novidades máis deliciosas para este verán: Mini Nocciola con dobre cobertura e Cono Mediano de Nata con Galletas ao Cacao.