A ensalada rusa é unha das comidas típicas do verán. Agora podes preparar este prato estrela das vacacións, coa receita de Ensalada Rusa con Pescada e Lagostinos.
Goza en familia ou con amigos desta orixinal e deliciosa receita de ensalada rusa, con produtos que poderás encontrar en Mercadona: atún en aceite de oliva, patacas, cenorias, feixóns verdes, olivas, cogombros, pescada, lagostinos e maionesa.
Sigue o vídeo da receita de Ensalada Rusa con Pescada e Lagostinos:
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 filete de pescada conxelada
- 100 g de lagostinos conxelados pelados
- 1 lata de atún en aceite de oliva de 80 g
- 300 g de patacas
- 100 g de cenorias
- 50 g de feixóns verdes
- 50 g de cogombros e olivas
- 1 bote de maionesa
- Sal
- Allos
- Aceite virxe extra Gran Selección
Opcional para a presentación: 1 paquete de Picos Salgadiños
Paso a paso:
Para elaborar esta deliciosa receita, sigue este proceso paso a paso para a Ensalada Rusa con Pescada e Lagostinos.
1- Lavar, pelar e poñer a ferver en abundante auga con sal as patacas, as cenorias e os feixóns verdes.
Tempos de cocción recomendados:
- 25-30 minutos as patacas (dependendo do tipo de pataca)
- 15 minutos as cenorias
- 15 minutos os feixóns verdes
2- Sofritir levemente os allos.
3- Engadir a pescada, sazonar con sal a gusto, sofritir e reservar.
4- Retirar a pescada. Na mesma tixola, sofritir os lagostinos que desconxelariamos previamente. Reservar os lagostinos e retirar os allos.
5- Desfacer as patacas e as cenorias, ata deixalas na textura que máis nos guste.
6- Cortar en anacos pequenos os feixóns, cortar as olivas en metades e picar os cogombros.
7- Mesturar a pataca e a cenoria coa pescada esmigallada, o atún da lata, a metade dos lagostinos, os feixóns, a metade das olivas cortadas e a metade dos cogombros.
8- Engadir tres ou catro culleradas sopeiras de maionesa (segundo o gusto) e mesturar todo cunha culler.
9- Cando estea ben mesturado, dar a forma desexada e aplicar unha capa de maionesa sobre a masa, o máis uniforme posible.
10- Decorar cos lagostinos, as medias olivas e os cogombros restantes.
11- Arrefriar na neveira uns quince minutos e servir cos Picos Salgadiños.
A Ensaladiña Rusa con Pescada e Lagostinos é un delicioso prato, ideal para compartir coa familia ou con invitados estas vacacións.
Outras recomendacións
O toque doce para a sobremesa este verán protagonízano os novos Xeados de Mercadona. Descubre os saborosos Mini Nocciola ou os irresistibles Conos Medianos de Nata con Galletas ao Cacao.
Para acompañar esta deliciosa receita, nada mellor que o viño Blancauvas de Mercadona. Un viño moi especial, que sorprenderá os teus invitados. Tómao ben fresquiño este verán e goza.