Probaches algunha vez a Ensalada de figos? É unha ensalada diferente, saborosa e fresca, moi apetecible agora que vai calor. Ademais, é moi fácil de preparar.
Aproveita que estamos en tempada de figos e proba esta orixinal combinación de sabores: figos, tomate, anchoas, herba dos cóengos, pistachos... Anímaste? Imos coa receita!
Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Ensalada de figos
Ingredientes para 1 persoa:
- 1 figo fresco
- ¼ de mozzarella
- 2 anchoas
- 4 tomates cherry
- 20 g de herba dos cóengos
- 40 ml de viño tinto
- Pel de laranxa
- 15 g de azucre branco
- 1 puñadiño de pistachos
- Aceite de oliva virxe en spray
- Sal
- Pementa negra
Paso a paso:
Se queres seguir o proceso de elaboración completa desta receita, aquí describímosche os pasos que tes que seguir:
1. Monta a ensalada nun recipiente: pon unha base de herba dos cóengos, a mozzarella cortada, os tomates cherry, o figo pelado e cortado, as anchoas e os pistachos en anacos.
2. Pela un anaquiño de pel de laranxa.
3. Prepara a redución: bota o viño na tixola xa quente. Engade o azucre e a pel de laranxa. Mantén no lume ata que reduza.
4. Adereza con sal, pementa negra moída, aceite e a redución de viño e laranxa.
5. Esparexe uns pouquiños pistachos máis en anacos e sirve.
Outras recomendacións
Se che gustan as ensaladas diferentes, toma nota destoutra receita: Ensalada de Garavanzos con gambón.