Para contrarrestar o frío, apetecen pratos de culler quentes, con ingredientes lixeiros que nos axuden a manter unha alimentación equilibrada.
Nesta liña, suxerímosche unha deliciosa Crema de chícharos e ofrecémosche o seu desenvolvemento con todo detalle. Ademais, cos ingredientes que sobran despois de coar o caldo, se lle engades pataca, podes preparar un exquisito puré. Desta forma, aproveitas ao máximo todos os elementos utilizados nesta receita.
Sigue o paso a paso da nosa receita de Crema de chícharos
Ingredientes para 4 persoas
Para o caldo:
- 300 g de apio
- 1 mazá golden
- 50 g de xenxibre
- 1 cebola
- 300 g de repolo
Para a crema:
- 700 g de chícharos conxelados
- 300 g de cebola
- Minitaquiños de xamón
- Carochos torrados
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
- Pementa negra
Paso a paso
1. Para cociñar esta crema de chícharos, é necesario preparar antes un caldo: en 2 litros de auga, ponse a ferver o apio, o repolo, a cebola, a mazá e o xenxibre.
2. Hai que cocelo 30 minutos, coalo e reservalo (é neste punto cando podemos aproveitar os ingredientes coados para o caldo, engadir pataca e preparar un puré).
3. Nunha tixola con aceite, refoga lixeiramente a cebola picada sen que chegue a dourar.
4. Engade os chícharos e bótalle sal e pementa segundo che guste.
5. A continuación, engádelle o caldo coado e ferve outros 10 minutos.
6. Tritura todo na mesma pota.
7. Sirve e decora cos carochos e cos taquiños de xamón refogados.
Outras recomendacións
Descubre moitas outras receitas interesantes e aprende a preparalas nesta sección.