Apetéceche preparar un biscoito? Presentámosche a receita para elaborar un delicioso Biscoito de orchata, é moi fácil e ideal para almorzos e merendas!
Sorprende a toda a familia con este bocado tan especial, un biscoito diferente que se prepara con esta tradicional bebida valenciana. A continuación, presentámosche os ingredientes que vas necesitar e o paso a paso para a súa preparación.
Sigue o paso a paso para elaborar este delicioso Biscoito de orchata
Ingredientes para 8 persoas:
- 250 ml de orchata
- 6 ovos
- Reladura da pel de ½ limón
- 150 g de azucre branco
- ½ barra de chocolate negro 72% cacao
- 1 cullerada de canela en po
- 50 g de noces
- 100 ml de aceite de xirasol
- 375 g de fariña de trigo
- ½ sobre de lévedo
Paso a paso:
1. Bate os ovos e engade o azucre.
2. Mestura a orchata co aceite e a reladura da pel de medio limón.
3. Incorpora aos ovos e mestura.
4. Baruta sobre a mestura a fariña e o lévedo. Bate ben ata conseguir unha mestura sen grumos.
5. Bota a mestura nun molde con papel de forno.
6. Esparexe por enriba azucre e canela.
7. Coloca por enriba as noces
8. Quenta o forno a 200 ºC e enforna durante 35 minutos aproximadamente a 180 ºC. Podemos comprobar picando cun escarvadentes se está totalmente feito.
9. Nada máis sacar do forno, rela por enriba o chocolate para que quede en forma de labras. Coa propia calor do biscoito fundirá.
10. Sirve cando estea a temperatura ambiente.
Outras recomendacións
Anímaste tamén a preparar esta deliciosa receita de Plumcake de pataca doce e pistachos?