Presentámosche o Tahini, un alimento 100 % natural a base de sementes de sésamo.

Presentámosche o Tahini, pasta de sementes de sésamo 100 % natural

03 de febreiro de 2022

Escoitaches falar do Tahini? É un gran descoñecido no noso país que, pouco a pouco, vai facendo un lugar, sobre todo entre o público ao que lle gusta coidarse.

Por iso, queremos descubrirche esta pasta de sementes de sésamo, procedente de Oriente Medio, e suxerirche unhas cantas ideas de consumo. Vaiche encantar!

Características e propiedades do Tahini

  • O Tahini é unha pasta elaborada 100 % con sementes de sésamo.
  • A súa principal característica é que é un produto totalmente natural.
  • Só contén un ingrediente, polo que non ten ningún aditivo.
  • No ten lactosa nin glute e é apto para dietas veganas.
  • É un produto saudable con gran achega en graxas non saturadas e fibra.

Modos de consumo e preparación

É ideal para preparar en torradas, acompañar con froita ou ensaladas, para dipear con pan de pita ou como ingrediente para elaborar diferentes receitas como Hummus ou Baba Ganoush. Contámosvolas a continuación:

Baba Ganoush

Imagen Texto 1 Tahini

  • Parte e salga unha berenxena partida pola metade.
  • Engade un pouco aceite para que non se pegue e asa durante 40 minutos no forno a 200 ºC.
  • Tempera e baleira a berenxena cunha culler e pica con axuda dun garfo ata conseguir un puré con algún anaquiño de berenxena.
  • Engade 1 culleradiña de comiño, 1 cullerada de iogur grego, sal e pementa negra. Remove.
  • Continua engadindo o zume de ½ limón e 1 cullerada de tahini. Mestura ata conseguir a textura desexada.
  • Sirve no prato e aplana. Decora cun chisco de perexil picado, pemento doce e un chorriño de aceite.

Brócoli salteado con améndoas laminadas e salsa de tahini

Imagen Texto 2 Tahini

  • Corta 200 g de brócoli en arboriñas pequenas. Nunha tixola cun pouco aceite, saltea o brócoli uns minutos en series pequenas, sen amontoar o brócoli na tixola.
  • Engade 30 g de améndoas laminadas. En canto douren as améndoas lixeiramente e o brócoli estea al dente, esparexe 1 culleradiña de comiño e sirve no prato.
  • Nun batedor ou nun mesturador incorpora 4 culleradas xenerosas de tahini, 2 dentes de allo, 75 ml de zume de limón e 1 culleradiña rasa de sal.
  • Decora o prato de brócoli aderezándoo coa salsa de tahini.

Torrada de plátano, arandos e tahini

Imagen Texto 3 Tahini

  • Sobre unha fogaza de pan unta o tahini, dispón o plátano cortado en rodas, media ducia de arandos e esparexe con sementes de sésamo torrado.
  • Para iso, torrarás antes o sésamo nunha tixola sen aceite a lume forte uns 5 minutos, ata que quede dourado.

Galletas de tahini, dátiles e avea

Imagen Texto 4 Tahini

  • Nun mesturador ou batedor tritura 200 g de tahini xunto a 170 g de dátiles cortados en anacos. Mestura ben xunto a 200 g de avea moída ata conseguir unha masa homoxénea. Pode quedar algún anaquiño de dátil.
  • Moldea unhas 5 ou 6 galletas coa masa, engade sementes de sésamo segundo vos guste e disponas sobre un papel de forno untado lixeiramente con aceite de oliva.
  • Mete no forno 15 minutos a 180 ºC. Deixa que arrefríen e a gozar!

Outras recomendacións

Se buscas outras cremas de untar, saudables e con infinidade de opcións, tamén che pode interesar a nosa Crema de cacahuete.