Xa tes dispoñible en todas as nosas tendas unha ampla selección de pratos listos para comer. Unha opción moi atractiva que che permite gozar da tradición culinaria asiática sen necesidade de cociñar dende cero.
Preparacións elegantes e sofisticadas con sabores naturais, cociñadas con ingredientes frescos.
Encontrarás estas especialidades na nosa sección de Listo para Comer. E naquelas tendas que aínda non dispoñen dela, telas á túa disposición no mural da sección de Peixería.
Queres deleitarte co seu característico sabor?
Especialidades con sabor caseiro e tradicional
Poke de Salmón e Poke de Polo
Unha típica receita hawaiana, cada día máis popular. Probáchela xa? O Poke de Salmón consiste nunha combinación de arroz de sushi con diferentes vexetais e peixe, neste caso salmón. Este acompáñase cunha salsa ponzu, que é unha mestura de cítricos e salsa de soia que lle dan un toque refrescante. Xa sen glute!
O Poke de Polo combina arroz, polo, garavanzos especiados, queixo feta, millo, batata e unha mestura de sementes. Todo únese cunha cremosa salsa de iogur, ofrecendo unha mestura de sabores e texturas equilibradas e deliciosas. Unha opción perfecta e saudable.
Fideos Yakisoba
Estes fideos son unha especialidade xaponesa preparada cos deliciosos fideos fritos, carne e verduras. Moi coñecido no seu país, o yakisoba caracterízase polo seu intenso sabor. É unha opción ideal para os amantes dos pratos con fideos. Se é o teu caso, non o perdas!
Polo Teriyaki
Resísteste a un polo ben cociñado? Este é un prato clásico da cociña xaponesa, o preferido de moitos apaixonados dos sabores orientais. Cocíñase nunha salsa teriyaki tradicional e sérvese con arroz branco.
Sushi
Xa toca unha boa sesión de sushi na casa? Probablemente, é o prato xaponés máis popular en todo o mundo. Trátase dunha combinación de peixe, mariscos ou vexetais envoltos en arroz de sushi e alga nori. Ofrecemos distintas combinacións de sabores e tamaños para adaptarnos ás túas preferencias. Poñémoscho fácil, agora sen glute!
Outras recomendacións
Lembra que en Listo para Comer che facilitamos a vida con pratos acabados de cociñar para consumilos na casa ou onde ti prefiras. Consulta todo a oferta de pratos e servizos que podes encontrar nesta sección.
Tamén contas coas opcións de fideos instantáneos, Yakisoba e Yum-Yum. Máis fáciles de preparar, imposible.