O Mochi Xeado é un doce orixinal de Xapón. Proba o novo Mochi Xeado de Pistacho.

Novo Mochi Xeado Pistacho que se suma aos de Coco e Manga

28 de xuño de 2021

Aínda non probaches o xeado do que todo o mundo fala? O Mochi é un doce de orixe xaponés, elaborado cunha masa branda de arroz (coñecido como arroz glutinoso) e un delicioso corazón xeado.

Novo Mochi Pistacho

Imagen Texto 1 Mochis Helados

Presentámosche o novo Mochi Xeado de Pistacho, un sabor orixinal, fresco e doce que é tendencia e que namora a toda a xente que o proba. Se che gustan os pistachos, esta vai ser a túa sobremesa do verán, non o dubides.

Tamén Coco e Manga

Ademais, podes elixir tamén calquera destas dúas variedades:

  • Exótico Coco.
  • Refrescante Manga.

Anímate a probar esta orixinal e cremosa sobremesa de Mercadona no sabor que ti prefiras.

Características dos Mochis Xeados

A continuación especificámosche as principais características deste exquisito xeado:

  • Os Mochis Xeados son de orixe xaponesa e resultan ideais para comer cos dedos, unha auténtica receita finger food.
  • Os Mochis Xeados preséntanse en caixas de 6 unidades.
  • Poñemos á túa disposición tres variedades distintas:
    • Coco: masa de arroz Mochi sabor vainilla rechea de xeado de leite con coco
    • Manga: masa de arroz Mochi sabor manga rechea de sorbete con manga
    • Pistacho: masa de arroz Mochi rechea de xeado sabor pistacho

Unha sobremesa moi demandada polos nosos clientes

Esta sobremesa, perfecta para ter un capricho refrescante e exótico, conta cunha grande aceptación entre os nosos clientes. Apetéceche probalo a ti tamén? Está de moda!

Déixaos repousar un pouco fóra do conxelador

Para gozar plenamente do irresistible sabor dun destes xeados aconsellamos sacalos do conxelador entre dous e tres minutos antes de consumilos. Non sexas impaciente, con ese mínimo repouso fóra do conxelador están no seu punto, listos para fincarlles o dente!

Outras recomendacións

Atrévete a preparar unha cea oriental e culminala con esta rica sobremesa xeada. Podes empezar cos Edamame, un aperitivo saudable e 100 % natural, e continuar cos Noodles de Arroz que encontrarás na sección de pastas de Mercadona. Seguindo estas receitas, podes acompañalos con solombo ou con lagostinos, ou con bonito e Edamame.

Ademais, tes outras opcións de receitas orientais moi sinxelas: por exemplo, Satay de Tofu con Verduras ou Tataki de Salmón.

E de sobremesa Mochi de pistacho, manga ou coco! Irresistible!