Ensinámosche a preparar 4 receitas coas nosas Migas de coliflor.

Migas de coliflor, prepara 4 deliciosas receitas

31 de maio de 2024

Descubre a versatilidade e o exquisito sabor das nosas Migas de coliflor especiadas. Sabes que podes preparar numerosas receitas con elas? Por iso, é un produto que convén ter sempre á man no conxelador. Preparadas con perexil picado, cebola, sal e allo, estas migas están listas para gozar en calquera momento.

Moi fáciles de preparar, as nosas Migas de coliflor son ideais como gornición ou como ingrediente principal nunha gran variedade de receitas. Tanto se as usas como simple acompañamento ou en pratos máis elaborados, estas migas sempre son unha opción saudable e saborosa para todos os padais.

Sigue o paso a paso para preparar as nosas receitas con Migas de coliflor

Boloñesa de coliflor

Migas de coliflor, prepara 4 deliciosas recetas.

Ingredientes:

  • 450 g de migas de coliflor.
  • 200 g de champiñóns.
  • 1 cebola.
  • 2 dentes de allo.
  • 1 chile.
  • 3 culleradas de tomate concentrado
  • 300 g de tortiglioni.
  • 40 g de queixo grana padano.

Preparación:

1. Corta os champiñóns en anacos moi pequenos.

2. Pica a cebola en anaquiños pequenos e corta os dentes de allo en láminas.

3. Cociña a cebola ata que estea dourada nunha tixola cun fío de aceite. Logo agrega os allos, o chile e refoga uns minutos.

4. Engade os champiñóns e, acto seguido, as migas de coliflor. Condimenta con sal e pementa. Cociña uns minutos máis.

5. Incorpora o tomate á mestura, remove e cociña durante 2 minutos máis.

6. Mentres tanto, cociña a pasta seguindo as instrucións do fabricante.

7. Escorre a pasta e reserva dous cazos de auga da cocción.

8. Engade a pasta á tixola coa boloñesa, xunto coa metade do queixo parmesano e a auga da cocción reservada.

9. Sirve co resto do queixo parmesano esparexido por enriba.

Panna cotta de coliflor

Migas de coliflor, prepara 4 deliciosas recetas.

Ingredientes:

  • 250 g de migas de coliflor.
  • 250 ml de leite.
  • 150 ml de nata para cociñar.
  • 3 follas de xelatina.
  • 12 gambas peladas.
  • ½ limón.
  • 1 culleradiña de sucedáneo de caviar.
  • 1 chisco de sal en escamas.

Preparación:

1. Ferve a lume moi baixo as migas de coliflor, o leite e a nata durante uns 20 ou 30 minutos. Debe ferver moi lentamente.

2. Tritura as migas de coliflor, o leite e a nata xunto coa xelatina previamente remollada en auga fría. Sazona con sal e pementa segundo vos guste.

3. Bota unha parte da mestura nun prato fondo e deixa arrefriar para que solidifique.

4. Corta as gambas crúas en anacos e adereza con sal e cunhas gotas de limón.

5. Sirve as gambas sobre a panna cotta de migas de coliflor, completa cunha culleradiña de sucedáneo de caviar e cun toque de sal en escamas.

Smash de coliflor

Migas de coliflor, prepara 4 deliciosas recetas.

Ingredientes:

  • 450 g de migas de coliflor.
  • 50 g de manteiga.
  • 200 ml de leite.
  • Un chisco de noz moscada.
  • 6 gambas peladas.
  • 1 dente de allo.
  • 1 chile.

Preparación:

1. Ferve as migas de coliflor en leite e engade auga ata cubrilas. Cóceas arredor de 2 minutos. Asegúrate de que quedan moi tenras.

2. Coa as migas de coliflor, reservando o líquido, e engade a manteiga, o sal, a pementa e a noz moscada. Tritura cun garfo ata conseguir un puré moi espeso. Se é necesario, agrega un pouco do líquido reservado e desbota o resto.

3. Refoga as gambas nun pouco aceite de oliva e agrega o allo, o sal e o chile.

4. Sirve as gambas sobre o puré de coliflor e verte todo o zume das gambas sobre o puré.

Tacos mexicanos de picado de coliflor

Migas de coliflor, prepara 4 deliciosas recetas.

Ingredientes:

  • 300 g de migas de coliflor.
  • 1 chisco de comiño.
  • 1 culleradiña de pemento doce.
  • 2 cebolas vermellas.
  • ½ cunca de vinagre de mazá.
  • 1 cullerada de azucre.
  • 1 aguacate.
  • 1 paquete de minitortillas de trigo.
  • Coandro segundo vos guste.
  • 1 lima.

Preparación:

1. Engade un pouco aceite de oliva nunha tixola grande e quenta a lume medio-alto.

2. Engade as migas de coliflor en varias veces para evitar que solten demasiada auga. Refógaas ata que comecen a estar confeitadas.

4. Cando teñan unha pouca cor, retíraas do lume e condiméntaas con sal, pementa, comiño e pemento.

5. Corta a cebola vermella á xuliana fina e colócaa nun cunco para reservar.

6. Ferve o vinagre coa mesma cantidade de auga, un chisco de sal e o azucre. Verte a mestura sobre a cebola e resérvaa no refrixerador polo menos unha hora.

7. Quenta as minitortillas de trigo nunha tixola polos dous lados e logo engade as migas de coliflor con aguacate en rodas, cogombriños, a cebola e acompaña con lima e coandro.

Outras recomendacións

Outros recursos obrigados no teu conxelador son as nosas Verduras conxeladas: pemento, perexil, cebola e allo en anacos.

Se buscas máis ideas para cociñar con coliflor, bótalle unha ollada ás nosas receitas e trucos de cociña con coliflor e brócoli.

Coñeces o Tomate Anhel? Proba o seu sabor intenso e doce equilibrado cunha baixa acidez.