A volta á escola xa está aquí, aproveita estas cinco ideas para as súas merendas.

Merendas para a volta á escola

04 de septembro de 2019

Xa está aquí de novo a volta á escola! Coma sempre hai moitas cousas que ter en conta, por exemplo as merendas, a comida favorita de moitos dos nosos pequenos.

Por iso, poden virche ben unhas cantas boas ideas para ofrecerlle as mellores merendas no seu retorno escolar. Despois dun día de colexio, é importante coidalas e que sexan sempre variadas, apetitosas e divertidas.

5 ideas de merendas para a volta á escola

Seleccionamos cinco merendas moi variadas entre si, para que ninguén se aburra e que os nosos nenos e nenas estean contentos e ben alimentados. Unha para cada día da semana escolar. Toma nota!

Batido de melocotón con queixo fresco batido

190902 Imagen batido melocoton

Se o que máis lle gusta son os batidos, encantaralles esta refrescante merenda. Basta con tres ingredientes para a súa elaboración:

  • Melocotón
  • Queixo fresco batido desnatado
  • Leite enteiro

A súa preparación para unha persoa é moi sinxela, tan só temos que bater 2 culleradas de queixo fresco batido xunto cun vaso de leite, despois incorporamos o melocotón e, listo!

Bocadillo de atún con olivas

Bocadillo de atún y olivas

Un clásico dos que nunca pasan de moda, un dos bocadillos máis saborosos para as súas merendas. Un bocadillo é unha boa opción para levalo na mochila, sempre ben protexido, se non se vai merendar na casa. Para facer un bo bocadillo de atún con olivas propoñémosche os seguintes ingredientes:

  • Panciño 6 cereais
  • Atún claro en aceite de oliva
  • Olivas verdes en rodas
  • 1 ovo cocido
  • Tomates cherry

Macedonia de froitas

Macedonia de frutas

Unha refrescante macedonia de froitas é outra alternativa ideal para os nosos nenos e nenas. Atención á rica combinación de froitas que che propoñemos:

  • 1 plátano
  • 1 kiwi
  • 1 mazá
  • 1 pera
  • Amorodos
  • Framboesas

Madalenas caseiras con noces e mel

Magdalenas caseras

Se aos máis pequenos da casa lles gustan as madalenas caseiras recibirán esta merenda con alegría. Ademais, coma o bocadillo, é unha opción ideal para transportar na mochila se non van merendar na casa. Necesitarás os seguintes ingredientes e accesorios para preparar as madalenas caseiras máis apetitosas:

  • Preparado para biscoito sen glute
  • Ovos
  • Leite
  • Aceite de oliva
  • Limón
  • Dátiles
  • Mel
  • Noz natural
  • Molde de papel para madalenas

Para preparar unhas 14 madalenas, deixámosche o paso a paso:

  1. Triturar 100 g de dátiles sen óso.
  2. Bater 6 ovos e mesturar cos dátiles e coas noces trituradas.
  3. Engadir 80 ml de aceite de oliva, 125 ml de leite e unha culleradiña de mel.
  4. Engadir 250 g de preparado para biscoito e unha pouca reladura de pel de limón.
  5. Meter na neveira arredor dunha hora tapado con papel film.
  6. Encher os moldes ata a metade coa mestura e engadir un pouco mel por enriba.
  7. Meter as madalenas no forno a 200 ºC entre 20-25 minutos. Sacar do forno e deixar arrefriar.

Tosta de Mozzarella

Tosta mozzarella tomate

Unha saborosa tosta de mozzarella é perfecta para cubrir a merenda dos padais infantís máis esixentes. Sobre todo se se prepara con ingredientes da mellor calidade coma estes:

  • Mozzarella fresca
  • Barra de pan tradicional
  • 1 bote de tomate seco en aceite
  • 1 lata de olivas negras en rodas
  • Alfábega

Outras recomendacións

Para un día especial ou para a fin de semana, podedes preparar todos xuntos este delicioso Biscoito sen glute. Aos peques (e aos maiores) encantaralles!